A guerra suicida do PP de Camariñas

O actual voceiro popular quere pechar a cafetería do Clube Naútico, dirixida por militantes populares, tras ser desaloxada a empresa concesionaria propiedade da súa filla.

Por Galicia Confidencial | Camariñas | 29/01/2013 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Este pasado 10 de xaneiro de 2013, día que seguía ao do desahucio definitivo por orden xudicial de VIPROGA SL, empresa concesinaria da cafeteria do Clube Naútico de Camariñas (CNC) e propiedade da filla do actual voceiro popular, entraba polo Rexistro de Entrada do Concello de Camariñas, unha proposta sobre a licencia desta cafetería. Estaba dirixida ao alcalde do Concello e solicitaba  "que se poña a nosa disposición o expediente relativo a solicitude de Licenza Municipal de apertura para bar-cafetería-restaurante do náutico de Camariñas a situar en Peirao Novo, s/n de Camariñas, a cal foi presentada por Don Aberto de Artaza Varasa, en representación do Club Náutico de Camariñas". Esta petición estaba asinada por Daniel Rego González, portavoz do PP de Camariñas.

Daniel Rego, candidato do PPdeG en Camariñas
Daniel Rego, candidato do PPdeG en Camariñas | Fonte: camarinas.eu

Precisamente, Rego González e parte do PP estiveron inmersos nunha lea política a conta da concesión da cafetería do CNC. Precisamente, VIPROGA S.L., que estivo un ano máis da conta dirixindo o restaurante desta entidade ata que foi desaloxada por orde xudicial, está dirixida por mandato xudicial Ursula Rego Sternat, filla do Presidente da Agrupación Local do PP de Camariñas.  Antes, foran os socios do CNC, na Asamblea Extraordinaria do 17 de decembro de 2011, os que decidiran cancelar a concesión a esta empresa.

"Voy a denunciar"

O pasado 16 de setembro de 2012, camariñas.eu xa se facía eco dunha conversa mantida na terraza do bar do Casino co actual Comodoro do CNC ("coño, tu y yo que somos casi parientes") e na que se ameazaba con que en caso de verse expulsada VIPROGA SL da concesión do Bar-Restaurante do CNC por orde xudicial non quedaría outra alternativa que a de "claro, una vez que yo ya no esté en el Náutico me voy a ver obligado a denunciar el tema de la situación de la cafetería". E foi agora, tras ser desaloxada esta empresa pola xustiza, ("una vez que yo ya no esté") cando o voceiro popular quere dar conta da suposta irregularidade desta entidade. "Foi botado para fora a patadas da concesión ata por catro veces por unha asamblea de socios, unha Xunta Directiva, un Xulgado de 1ª Instancia e ata toda unha Audiencia Provincial. Un acto de devergonza, de pérdida de decencia e cordura, que desprestixia aínda máis se elo fora posible a imaxe dos políticos ata niveis insondables", apunta este xornal.

"Unha solicitude que coloca ao borde do precipicio ademáis a unhas cantas persoas. En primeiro lugar os seis concelleiros restantes do PP en Camariñas: cómpre sen falta unha manifestación dos mesmos ao respeto e deben aclarar ao electorado camariñán as dúbidas que surxen derivadas deste escándalo sen precedentes, deste intolerable abuso de poder. ¿Coñecían a presentación do mencionado escrito no Rexistro do Concello? ¿Apoian a persecución da principal asociación de Camariñas que supoñe este escrito que mezcla escandalosamente intereses públicos e privados? ¿Defenden a utilización da posición privilexiada no seo dunha formación política como plataforma para defender intereses empresariais privados? ¿Seguen negando a evidencia xa incontrovertible da implicación directa do PP de Camariñas durante todo o proceso de Golpe de Estado no CNC? Que non saian á palestra e aclaren aos veciños que os elexiron directamente e a aqueles que non, pero que sufren en carne propia os desmanes e tropelías do seu xefe, todas estas dúbidas suporía constatar a súa mera presencia decorativa e simbólica no Salón de Plenos e a súa nulidade política e persoal a todos os efectos", engade o diario camariñán.

Club Náutico de Camariñas
Club Náutico de Camariñas | Fonte: estacerca.com

Camarinas.eu tamén acredita que, dende hai unha semana, o Presidente do Club Náutico de Camariñas estaba ao tanto da "siniestras e maquiavélicas tentativas do PP local". "Urxe como insoslaiable e urxente unha reunión co Presidente Provincial do PP Carlos Negreira e que éste lle aclare a posición do seu partido a nivel provincial respecto aos desvaríos do seu máximo representante no Concello. Que aclare se o PP apoia esta persecución contra o CNC e refrenda as actuacións de Daniel Rego no ámbito naviero.  Se os intereses que están detrás desta denuncia son os do partido que nos goberna actualmente a nivel nacional, autonómico e provincial. En caso contrario, deberá proceder a tomar as inevitables medidas quirúrxicas e sanitarias para restaurar o pouco que poida quedar de honorabilidade do seu partido nas terras de Camariñas", engade.

Podes seguir a nova no xornal colaborador camariñas.eu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 observador

A crise é tan fonda que as administracións locais teñen que facer recortes. Se todos son enchufados, a que enchufados botar?, grave dilema. Por iso o PP, sindicato de conmilitantes na busca de carguiño, sufre excisións entre os que xa non poden chupar máis cheos de razón porque consideran discriminatorio que eles xa non chupen e que outros compañeiros sigan chupando. Ogallá a crise local sexa tan fonda que rebente dunha vez a administración local do PP, chea de galeguiños chupadores e votadores do PP por mera supervivencia, que é o cancro que permite as maiorías absolutas dese partido no pais¡¡...