O longo futuro de Anova

A nova formación nacionalista camiña lentamente cara a súa consolidación. O pacto con EU e o asentamento do asamblearismo marcan o seu futuro. As liñas políticas aínda se están asentando.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/01/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O 15 de xullo de 2012, poucos meses despois da trascendental asemblea do BNG en Amio, nacía Anova-Irmandade Nacionalista, unha formación que saía cimentada baixo as bases da "radicalidade democrática", "republicanismo", "ecoloxía", "soberanismo" e "loita contra calquera tipo de discriminación".

Cabeceira de Anova-Irmandade Nacionalista
Cabeceira de Anova-Irmandade Nacionalista

Desde entón e ata hoxe, a organización desta nova formación camiña moi lentamente, tan lentamente, que a súa primeira gran asemblea non terá lugar ate, probablemente, finais da primavera, a pesares de que un dos acordos acadados antes das pasadas eleccións é que sería a principios de ano cando tería que estar listo este proceso. Antes, a mediados de febreiro, está previsto o remate definitivo do seu mapa comarcal.

Retrasos

A maior parte dos dirixentes consultados por GC coinciden en que o proceso de consolidación de Anova vai "retrasado", aínda que suiñan que é un proceso que "leva o seu tempo" para que sexa "duradeiro no tempo". E é que, toda a organización de Anova vai cimentada nun proceso asembleario que precisa de tempo para a súa consolidación.

A nivel organizativo, a nova formación está gobernada por unha Coordinadora Nacional de 75 persoas. Precisamente, a elección desta coordinadora provén dunha lista pactada entre as máis de 40 asembleas locais que colaboraron no que se chamou Novo Proxecto Común. Nesta coordinadora están dirixentes do Encontro Irmandiño, da Fronte Popular Galega (FPG), do Movemento pola Base (MpB), do FOGA, Nova Esquerda Socialista ou Unidade da Esquerda Galega, entre outros colectivos. Esta coordinadora, que xa tivo sete xuntanzas, ten poder decisorio. Un poder executivo que non ten a Permanente, composta por 17 membros, pero que leva o día a día das accións da formación.

Normalidade

"Non hai retrasos. É un proceso que se ten que ir consolidando e que xa estaba programado", apunta Mario Lopez Rico, membro da permanente de Anova. "É un proceso medido e que leva o seu tempo. Imos celebrar xuntanza en febreiro para convocar xa a asemblea", engade o alcalde de Teo, Martiño Noriega. 

"Non é salientable se o proceso remata en febreiro ou en abril. O noso é un proceso político novidoso e é dificil chegar a consensos, por iso leva o seu tempo", sinala Tino Lago, membro da permanente. "Aínda que vaia con retraso o importante é consolidalo", engade Mariano Abalo, da FPG. "O que hai que facer é consolidar o mapa municipal e logo facer que a militancia participe das decisións da coordinadora e da permantente", engade un dos líderes carismáticos da esquerda no Morrazo que defende a importancia do asemblearismo.

Coinciden tamén en que o proceso vai con retraso Óscar Lomba, de Unidade da Esquerda Galega, e Lois Pérez Leira, de Nova Esquerda Socialista. "Hai que combinar as decisións organizativas coa vontade da asemblea", sinala Lomba. "O certo é que Anova é un movemento que ten as súas complexidades porque é un partido-movemento-fronte co que iso conleva", apunta Pérez Leira.

Toma de decisións

Sen embargo, non son poucos os dirixentes de Anova consultados que amosan certas críticas co sistema de toma de decisións e con certas manifestacións ou actos públicos e insisten na necesidade de que "se conte coa organización". Precisamente, as últimas declaracións de Beiras sobre a necesidade de deixar nun segundo plano o soberanismo, non foron ben interpretadas por todos os sectores de Anova.

"Nós somos un grupo moi amplo e hai moitas sensibilidades", sinala Pérez Leira. E, unha desas "sensibilidades", precisamente, é a do soberanismo. "A nosa aposta segue sendo unha aposta galega, soberanista e antisistema pero tamén hai que entender, tal e como di Beiras, que nestes momentos non ten cabida unha declaración soberanista", engade Abalo. "Está claro que nunca imos deixar de reclamar a autodeterminación", engade Pérez Leira. Outra cousa son os momentos políticos para facelo.

Por iso, a maior parte dos dirixentes consultados insiste na necesidade de que sexa a militancia a que se pronuncie sobre cuestións de calado político e critican que haxa "un grupiño" que queira controlar a organización. 

Unidade con EU

Precisamente, unha das cuestións "máis sensibles" dentro de Anova é a unidade de acción con EU. E, aquí, as divisións son patentes xa que un grupo aposta por manter a independencia de Anova e só pactar con EU cuestións estrictamente parlamentarias, mentres que outros dirixentes son máis partidarios de extender a unidade con Esquerda Unida máis alá do pacto. 

"O pacto con EU é só no Parlamento", asegura un membro da permanente consultado. Precisamente, este é a idea que transmitiu Xosé Manuel Beiras este domingo. "Non hai que poñer o carro diante dos bois", dixo o líder de Anova sobre ampliar os acordos con EU a outros ámbitos. "Non hai unha posición clara de converxencia con outras formacións e iso pode dar lugar a equívocos", apunta un dirixente consultado. "Hai que tirar cara a un Frente Amplio, como en Uruguai e non fecharse", asegura outro. "Quen non afortala a unidade de acción igual son algúns nolstálxicos do BNG que só pensan en carguiños", apunta un terceiro.

Con todo, hai outros membros da permanente que, a pesares de opinións persoanais, insisten en que a decisión de extender o pacto con EU dependerá do que decida a asemblea. "A coalición actual con EU e técnica pero se a asemblea decide ampliala pois haberá que respetar a horizontalidade das decisións", sinala.

Asemblearismo

A pesares da lentitude do proceso de consolidación de AGE, todos eles coinciden na necesidade de asentar este movemento e aproveitar o seu éxito electoral. Por iso, suliñan a importancia do asemblearismo. "A nosa aposta é que as decisións internas sexan refrendadas pola asemblea. Pode haber certos erros iniciais, xa que nos temos que asentar como forza política, pero agardamos que se superen grazas á participación colectiva", afirma unha das fontes consultadas.

Sem embargo, hai quen apunta que "pactar todo en asembleas tamén ten os seus riscos", xa que ralentiza o proceso de toma de decisións. "Está claro que fai partícipes aos militantes de todo o que fai a organización, pero tamén implica procesos lentos e, mesmo arriscados, xa que a xente pódese queimar antes de tempo", conclúe outro dirixente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 57 comentarios

15 Futurista

O futuro pasa por sacar ao nacionalismo da marxinalidade esquerdista, que non de esquerdas ou progresista http://compromisoxgalicia.org/wp-co... Pedriña a pedriña, sen prisa pero sin pausa

1 carballo1

E por incorporar boa parte dos votantes do PP e PSOE , batalla non sei si xá perdida ,porque cos "históricos" xa non chegamos.

2 omaio

o 55% das bases de cxg votaron a favor da coalición con age ,e bascuas e compañia non respetaron iso ,vaciles non.

3 Américo

Pues yo, según las hemerotecas, creo que fue al revés: las bases de CxG votaron sí a la coalición ajustadamente...y Beiras les dijo: me gusta más Yolanda. Normal, por otro lado. CxG, de todas formas, tiene elementos peligrosos que quieren sacar voto al PP....de corazón, les recomiendo que se disuelvan unos pocos en AGE, otros en el Bloque y los empecinados en inventarse un centro-derecha galego....están más locos que una cabra.

4 carballo1

O electorado da e centro dereita é libre (ceibe) de votaren o centro esquerda algunha vez ,digo eu , non todos seran votos cautivos "in eternum" ,CxG ten que ser intelixente e atraer ese electorado , doutro xeito son fabas contadas , ese é o seu reto ,que non é pouco. O demais son liortas tribais para o estancamento.

5 Futurista

CxG non é de centro-dereita, é de centro-esquerda. O de que CxG é dereitas é un bulo provavelmente espallado de xeito interesado para laminar este proxecto.

14 Américo

Autobombo...creo. La UPG ya tiene imaginado como fagocitar el revuelo que le causó el "leonado" Beiras. Al tiempo.

13 Bandeira

Futuro pode ter, como todo na vida, mais non é futuro para Galiza, agora o Pétain canta: "Me voy pa España..."; que alejria da velos, todos eles tan revolucionarios, hoxe tocaba o programa de Navantia, mais hai pouco tempo votaban a favor do veto no Parlamento do Estado, si eses altermundistas de IU, os mesmos que publicamente pediron en Cádiz que non se fixero o dique en Ferrol e o Pétain dándolles cobertura. Si o debate non é sobre a soberanía, agora non toca, o debate é esquerda plural e moderna ou unha Galiza desaparecida.

12 antiburras

“O imperio hespañol rematou; e con el, rematou tamén a razón de ser dos partidos políticos hespañoles. Hai que enterrar xuntos os dous cadavres: o da monarquía i-o da república do 31… Cegos e traidores son os que se avencellan ôs partidos políticos hespañoles, que todos eles son despoxos ou renovos serodios do centrismo.I-os renovos son-o da súa derradeira e claudicante postura d-acatamento ô dominio alleeiro” Antón Alonso Ríos Discurso do 25 de xullo de 1942 (“Ren de partidos hespañoles”, A Nosa Terra, 25-7-1942).

1 aiaiaiai

Daquela, pactemos co PSOE e metamos a Antón Louro de lugartenente do soviet pontevedrés. Viva.

11 Zasnascachas

Futuro non che sei o que si sei e que a semana pasada volveron dous militantes que se marcharan a nova non sei se será por algo pero aí queda.

1 golo

Xa tiveron problemas en Ferrol, Vigo, Morrazo...

2 abraiado

2 militantes??? Tantos??? Essa nova é para pôr na portada a toda página!!!

3 uns se van e outros chegan

Eses dous militantes que se foron, poideron facelo sin que ninguén lles chamara traidores, e o que ten ser democrático, cousa que algúns non entenden por moito que lles expliquen.

4 non tan abraiado

18 na asemblea constituinte de Ferrol, 4 abandonan xa na primeira xuntanza.

5 Monterroso

O parecer o BNG comeza a estar afiliándoselle novas altas e xente recuperada que estaban a espera de acontecementos iso esta mais ca confirmado.