Críticas de Besteiro ao PP por negar "a evidencia" que sinala Contas sobre o "problema" da saúde mental

O líder do PSdeG asegura que "se repite constantemente" nos informes do Consello de Contas, a falta de rigor orzamentario da Xunta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2025 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou este venres que o Partido Popular "negue a evidencia" que sinala o Consello de Constas sobre o "problema da saúde mental".

O xefe de filas dos socialistas galegos pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polo feito de que a Consellería de Sanidade instase tanto ao PSdeG como ao BNG a reler o informe do órgano fiscalizador ao asegurar que destacaba "o rigor orzamentario da Xunta" na execución do Plan de Saúde Mental. Todo iso despois de que nun acto en Lugo Besteiro acusase á Xunta de deixar de executar 50 millóns de euros na materia.

Respecto diso, Besteiro censurou que a Xunta restase valor ao documento de Contas e asegurou que se trata da "tónica xeral do PP: negar a evidencia".

"É algo que", segundo advertiu, "se repite constantemente cos informes" deste ente, tal e como ocorreu co sobrecusto de máis de 400 millóns de euros nas obras do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

"A realidade é dramática", alertou sobre o que cualificou de "verdadeira crise", tal e como, conforme indicou, demostran as cifras "alarmantes" de suicidios en Lugo, a provincia de España con maior incidencia.

"A realidade é que non se inviste o que figura nos orzamentos. A realidade é que temos unha das taxas máis baixas de psicólogos e psiquiatras, con esperas que superan o cinco meses", criticou para reiterar a mensaxe trasladada o mércores en Lugo.

"A solución non son máis pastillas e máis videoconsultas. Ese non é o camiño. O camiño é investir o que se programa e dotar de máis recursos humanos e materiais, ademais de prevención e planificación". "Precisamente iso é do que carece hoxe o PP e a Xunta", denunciou.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ofrece unha rolda de prensa tras o debate sobre o Estado da Autonomía.. César Martínez - Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ofrece unha rolda de prensa tras o debate sobre o Estado da Autonomía.. César Martínez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta