Décimo día consecuntivo sen falecidos pola COVID-19

Só houbo tres mortos no mes de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2020 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Os hospitais galegos non comunicaron este sábado ningunha nova vítima mortal relacionada coa pandemia de coronavirus na comunidade, co que xa son dez as xornadas sen informar sobre decesos relacionados coa pandemia.

Con iso, a cifra de falecidos con COVID-19 en Galicia mantense en 619 persoas, despois de que o mércores da pasada semana se notificara a morte dun home de 83 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Desde ese día, non se rexistraron novas vítimas mortais.

Con anterioridade, a Comunidade xa tivo seis días consecutivos nos que os hospitais galegos non comunicaron ningunha morte vinculada á pandemia, polo que a COVID-19 causou en Galicia tres vítimas mortais no que vai de mes de xuño.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta