Gómez-Reino critica a Feijóo por "ocultar as siglas" e lembra que é do partido "da corrupción"

Galicia en Común-Anova Mareas presenta dúas caravanas electorais que percorrerán o territorio e apela á mobilización dos mozos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O cabeza de lista de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, advertiu de que o presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, "oculta as siglas" da súa formación política, pero o seu goberno "representa o peor" delas. Así, chamou a unha mobilización nas urnas que sirva para "pechar o ciclo de gobernos progresistas" cun goberno de esquerdas en Galicia.

Expresouno na presentación da caravana electoral de Galicia en Común-Anova Mareas, a coalición de Podemos, Esquerda Unida e Anova --coa incorporación de Marea Atlántica e Compostela Aberta--. Así, as dúas furgonetas da candidatura percorrerán os barrios e aldeas de Galicia para dar a coñecer o proxecto que aspira a "consolidar o ciclo de gobernos progresistas".

Na súa intervención, o candidato censurou que Feijóo se presenta coas siglas non visibles. "Por que insiste en ocultar as siglas do PP?, unha vez que goberna representa o peor das siglas, oculta deliberadamente as siglas e di que é Galicia, pero hai moita Galicia que non se representa nel", manifestou.

Así, Gómez-Reino asegurou que Feijóo é o "dos recortes" e pertence ao partido "da corrupción, con máis de 800 imputados". "Hai unha Galicia viva, de futuro, unha saída da crise en defensa dos sectores públicos, entre eles, os colectivos de investigadores", remarcou.

Antón Gómez-Reino, no centro, xunto a Luca Chao e Miguel Anxo Fernán-Lanuxe na presentación da caravana electoral de Galicia en Común-Anova Mareas, da que é o candidato á Presidencia da Xunta
Antón Gómez-Reino, no centro, xunto a Luca Chao e Miguel Anxo Fernán-Lanuxe na presentación da caravana electoral de Galicia en Común-Anova Mareas, da que é o candidato á Presidencia da Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta