Colas en sucursais de Abanca para preguntar por recargos imprevistos nalgunhas contas

Algúns clientes colapsaron sucursais preguntando polas contas 0 comisiones. A entidade apunta que se mandou información aos clientes a comezos de ano sobre cambios nas condicións e asegura que non afectan nin a parados, nin a persoas afectadas por ERTE.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/06/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Clientes de Abanca levan días protestando polos cambios na conta 0 comisiones de Abanca, unha conta na que, supostamente, a entidade non ía cobrar ningún tipo de comisións. Con todo, a partir deste mes, nas contas bancarias dalgúns usuarios apareceron recargos que poden ir entre os 10 e 50 euros. Unha situación que levou a que moitos deles colapsaran certas sucursais.

Oficina de Abanca
Oficina de Abanca

As contas afectadas son aquelas que, supostamente, non debían ter comisións, ben por ter domiciliadas facturas, nóminas ou algún seguro. Con todo, algunhas destas contas comezaron a cobrar comisións de mantemento este mes.

Varios clientes puxéronse en contacto con este medio para denunciar "cobros abusivos" que provocaron colas en sucursais. "Hoxe nunha sucursal do Porriño estábamos máis de 20 clientes para reclamar cobros, coisións que nos apareceron", aseguran. "As entidades están colapsadas e un empregado recomendou volver outro día porque hoxe non se ía arranxar nada", din.

CAMBIOS NAS CONDICIÓNS

Fontes do banco herdeiro das caixas galegas confirma en declaracións a Galicia Confidencial a existencia de malestar entre algúns dos seus clientes, pero matizan que este tipo de contas cambiaron as condicións ao inicio de ano. "Non é algo que se fixera co coronavirus, ao contrario, paralizouse ao inicio da pandemia", explican.

Así, explican que en xaneiro deste ano xa se decidiu modificar as condicións destas contas que foron comunicadas aos clientes "por carta e por correo electrónico". "Pois demandouselle unha serie de criterios para continuar con 0 comisións, ben domiciliar algunha factura máis ou algún seguro", apuntan. "Pero disto xa se lles informou nos primeiros meses do ano, indican.

NON AFECTA A PARADOS OU PERSOAS EN ERTE

Co inicio da pandemia, Abanca decidiu conxelar esta medida, que activou este mes coa chegada da "nova normalidade". Con todo, as fontes consultadas insisten en que esta medida non afecta aos clientes que estean no paro ou nun ERTE ante a grave crise provocada polo coronavirus. "Se se lle cobra comisión é que é un erro do banco, ben por que non ten domiciliada a nómina con nós, ou ben por un erro administrativo noso", indican.

Estas fontes suliñan que este tipo de comisións son normais entre os bancos. "Os máis grandes teñen comisións máis elevadas, os medianos --como é o noso caso, un pouco menos-- e os pequenos pois as máis baixas", din.

Abanca xa puso a disposición dos clientes un enderezo electrónIco https://www.abanca.com/es/promo/sin-comisiones/, e un teléfono para os clientes que non poidan resolver as súas dúbidas na súa sucursal bancaria habitual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

5 Elena García

É mentira que non cobren comisións a parados e a ertes, eu levo 2 meses no paro e sin cobrar nin 1€ e pasáronme 50€ de comisións. A Mila amiga está en erte e pasáronlle 50€ tamén. A todo esto dicir que a ningunha das dúas nos mandaron correo ningún avisando.

4 María Carmen Sánchez

Es mentira que no afecte a parados.

3 María Carmen Sánchez

Yo estoy en él paro y me cobraron una comisión de 52 EU.

2 Helvira

ABANCA sempre gaña. Menos hoxe, perderon dous clientes (e máis que perderán porque vou pasar todo o día avisando á familia e amigos de que pechen as contas). As mariscadas de Escotet que as pague Feikjóo (o bo xestor non fala dunha conta social pública...).

1 María Carmen Sánchez

Muy bien dicho, yo estoy hasta el moño de ABANCA

2 María

Yo también tengo la cosa muy clara cerrar cuenta y irme con otro banco

1 Fidel

Avisar, avisaron. E, exercendo os meus dereitos, cambiei á Caixa Rural. Xa somos maiores de idade...