25 manifestacións contra a Lei Wert

Segundo día de folga no ensino público secundario. Horarios das protestas e posturas de Xunta, BNG, AGE, PSOE e Compromiso por Galicia no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/02/2013 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Os alumnos de cemtros de ensino secundario públicos maniféstanse este mércores á rúa  para pedir a retirada do anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e a dimisión "en bloque" do Goberno. É a súa segunda xornada de folga consecutiva.

Folga de estudiantes en contra da LOMCE e da privatización do ensino
Folga de estudiantes en contra da LOMCE e da privatización do ensino | Fonte: MNG

En Galicia están convocadas as seguintes protestas:

  • Santiago de Compostela, ás 12h, na praza do Toral
  • A Coruña ás 12h na praza de Pontevedra
  • Ferrol ás 12h na praza 10 de marzo
  • Lugo ás 12h na Biblioteca Intercentros
  • Ourense ás 12h diante da Delegación Consellaría Educación (rúa Concello)
  • Pontevedra ás 12h na praza da Peregrina
  • Vigo ás 12h na praza de América
  • A Guarda ás 12h diante do IES A Sangriña
  • Allariz ás 12h diante do IES de Allariz
  • Arzúa ás 12h diante do IES Arzúa
  • Betanzos ás 12h diante dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas (Av. da Coruña)
  • Burela ás 12h diante IES Monte Castelo
  • Cangas ás 12h diante do edificio do Concello de Cangas
  • Carballo ás 12h na praza do Concello
  • Cee ás 12h diante IES Fernando Blanco
  • Moaña ás 12h diante IES As Barxas
  • Noia ás 12h na Alameda, diante do IES Virxe do Mar
  • O Barco de Valdeorras ás 12h diante IES Lauro Olmo
  • Ponteareas ás 12h na rúa Feliciano Barrera (diante dos IES)
  • Rianxo ás 12h diante do IES Félix Muriel
  • Ribadeo ás 12h diante IES Ribadeo (antigo IES Gamallo Fierros)
  • Ribeira ás 12h diante do IES Leliadoura
  • Verín ás 12h diante do IES Xesús Taboada Chivite (Avda. de Portugal)
  • Vilagarcía ás 12h na praza de Galiza
  • Xinzo da Limia ás 12h na praza Maior

Hai menos bolsas, pero máis cartos para o ensino privado concertado

Nun manifesto pactado entre varias organizacións estudiantís galegas, os mozos denuncian que a reforma prolonga "un proxecto profundamente reaccionario e que ten a única intención de converter o ensino nun privilexio". En particular, no país denuncian que na Xunta reducen 150 millóns de euros no ensino público e transfiren máis de 230 millóns ao privado concertado.

Como outros exemplos concretos da suposta privatización do ensino poñen os " aumentos abusivos das subas dos prezos das matrículas e reducións nas bolsas para a axuda ao estudo" .

Posturas da Xunta, BNG, AGE, PSOE e Compromiso por Galicia

O conselleiro de Educación reaccionou este martes acusando as organizacións estudiantís de erguerse da mesa de negociación co Ministerio. Segundo Jesús Vázquez, os colectivos da mocidade están manipulados por intereses políticos e por eso convocan este paro a nivel estatal.

A nivel galego os rapaces contan co apoio unánime da oposición. Por exemplo, o portavoz de educación do BNG, Cosme Pombo defendeu este martes, en comisión parlamentaria, unha Proposición non de Lei que reclamaba do Goberno central a retirada da LOMCE.

A proposta nacionalista apoiada polo PsdeG e AGE  foi  rexeitada polo Partido Popular. Para o deputado do BNG, a Lei Wert supón legalizar a concertación con centros privados que separan ao alumnado por razón de xénero e rebaixará  a capacidade de establecer currículos, polo tanto, “máis discriminación social e un ataque aos principios elementais da educación”, afirmou.

Dende fóra do Parlamento, o secretario xeral da Mocidade Nacionalista Galega, Paulo Carlos

López, ven da manifestar o “apoio incondicional da mocidade de Compromiso por Galicia”, á folga. En palabras de López a Lei, que aínda non foi votada nas Cortes, “supón un retroceso de 40 anos en materia educativa”, xa que  “estratifica  aos  estudantes  e  empeora  a  calidade  do  ensino  cunha  política  orzamentaria restritiva”.

Velaquí o manifesto asinado en Galicia e a lista de organizacións que o secundan:

Manifesto aberto na defensa do ensino público galego.

O ensino público é un dereito fundamental en calquera sociedade democrática e unha ferramenta imprescindíbel para diminuír as desigualdades sociais. Apostar por un ensino público de calidade é apostar, ao mesmo tempo, por unha sociedade xusta e democrática. Nas antípodas da defensa do carácter público do ensino está o modelo educativo do Partido Popular, inspirado nun proxecto profundamente reaccionario e que ten a única intención de converter o ensino nun privilexio.

A LOMCE (Mal chamada Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) non é máis que a plasmación do proxecto ideolóxico do Partido Popular no ensino: debilitalo ao máximo para ser menos público, menos democrático, menos galego e cunha menor calidade. Trátase dun retroceso de máis de corenta anos e da volta do fracasado modelo educativo do franquismo. O Ministerio de Educación pretende con esta Lei privatizar e elitizar o ensino, españolizalo, recentralizalo e cedelo en exclusiva ao poder da Igrexa Católica.

No ámbito universitario, a Lei de Universidades do PP supón unha privatización encuberta da universidade pública na que se prima a competencia entre universidades no canto da cooperación e no que se aposta por un ensino ensino superior máis elitista e menos galego. Acompañado desta lei, veñen constantes retrocesos nas as condicións de acceso e permanencia na universidades galegas, cada vez máis restritivas, aumentos abusivos das subas dos prezos das matrículas e reducións nas bolsas para a axuda ao estudo.

As medidas anteriores veñen acompañadas dunha nova redución orzamentaria que busca unicamente afogar economicamente o ensino público e rematar coa autonomía universitaria. Mentres reducen 150 millóns de euros no ensino público e transfiren máis de 230 millóns ao privado concertado queren converter aos centro de ensino e ás universidades en comparsas do desmantelamento da rede pública de ensino.

As organizacións impulsoras deste Manifesto facemos un chamamento á sociedade galega para mobilizarse na defensa do ensino público fronte ás agresións reiteradas do goberno galego e do central e participar activamente na xornada de folga estudantil do vindeiro 6 de febreiro.

Diversas organizacións estudantís, xuvenís, políticas, sindicais, asociacións de pais e nais e veciñais xa asinaron o Manifesto aberto en defensa do ensino público, impulsado recentemente polos Comités e pola Liga Estudantil Galega.

Adhesións ao Manifesto:

— Comités

— Liga Estudantil Galega

— Galiza Nova

— CIG-Ensino

— A.E.E.G. Roi Xordo

— UDC En loita

— Acampada ETSAC

— Bloque Nacionalista Galego

— Asociación Palavea Bravu da Coruña

— FAPACEL – Federacion Provincial de Apas de Lugo

— IESGA – Iniciativa Estudantil Galega

— A.VV. de Atochas, Monte Alto e Torre de Hércules da Coruña

— A.VV. de Oza, A Gaiteira e Os Castros da Coruña

— ANPA Rosalía de Castro de Lugo

— Asociación Sta. Bárbara de Escudeiros (Ramirás)

— ANPA IES Vilar Ponte

— Acción Estudantil

— Moz@s pola Abolición

— Isca!

— Mocidade Nacionalista Galega

— Asociación xuvenil e cultural de Ramirás

— 15M / Lugo 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Galicia independente

Na miña opinión estou en contra dos recortes do PP en servicios educativos básicos (profesores, mestres, orzamento dos centros...), así como co sistema de colexios concertados. Non obstante, non me gusta a visión igualitarista (en resultados) da esquerda en Educación e noutras cousas. Pois son partidario destas medidas: todos os profesores que entren por oposición, cheque educativo ós centros privados, reducción do 25% de universidades (que só entren os mellores e que as carreiras se adapten o mercado laboral), educación obrigatoria ata os 14 anos, liberdade educativa, Relixión católica optativa e puntuable, recoñecemento da autoridade do profesor a nivel estatal e Lei contra o acoso escolar...

1 Galicia independente

Creo que así teríamos unha educación mellor. Pois anque rexeite o modelo desigualitarista do PP, que aminora a igualdade de oportunidades; o que defenden PSOE, IU, BNG ou Anova é inxusto, pois practican o "boismo", cos resultados sabidos neste sector. De feito, a LGB foi das poucas cousas boas que deixou o Franquismo.

3 Hipocrisia de Beiras

Un pouco de hipocrisia de Oh Beiras como sempre. Ainda lembramos como cando houbo un encerro de moz@s no reitorado para a retirada da LOU chamou el por telefono a berros para ordenar aos de Galiza Nova que desaloxasen. Por suposto non lle fixeron caso.

1 Semprecomesmo

Estades doidos meu !!

2 gonzalezvillamarin

Un titular decía "Los hispanos humillan a Dinamarca". Hablaba de balonmano, un juego que practicó Urdangarín y que es eso, juego. Y aplaudían la hazaña: ser campeón de ese juego. ¿Y? Como si somos del parchís. En estas latitudes, según nos acercamos al Marruecos, confundimos el envoltorio con el regalo. Ellos, los nórdicoss pueden dedicar tiempo a su juego, aunque pierdan. Nosotros no. Y menos en la Galicia tomada por la insensatez de la educación que nos está proporcionando este gobierno españolista desde hace casi treinta años, como con el antiguo réximen. Antes hablar una lengua propia era uno reo de castigos. Había que borrarla del mapa territorial franquisa. Ahora más de lo mismo con el gobierno actual. Somos el único pueblo que nos autodespreciamos. Que despreciamos nuestra lengua y cultura. Galicia el 23,5% de fracaso escolar, Finlandia el 2 %, Euskadi el 11,3 %. Algo dicen estos datos cuando son las tres zonas bilingües.

1 Ramón Otero

Sí. Cómo mínimo que tanto en Finlandia como en el País Vasco existen modelos educativos en los cuales los padres pueden elegir la lengua vehicular.

2 gonzalezvillamarin

En el Pais Vasco nadie o casi nadie de los padres vascos elige la enseñanza con lengua vehicular en castellano. Ese modelo ya están pensando en quitarlo dado que no hay demanda. Los padres quieren que sus hijos estudien en euskera, o, como mínimo, en las dos lenguas, pero no aceptan, excepto algún fanático del PP, que estudien sólo en castellano.

3 Ramón Otero

Eso es algo que ya conocía y me parece perfecto. Los padres no ELIGEN esa opción. Aquí no se puede ELEGIR. Hay cuotas de uso obligatorio, aunque hay profesores que públicamente han dicho que no respetan la ley e impartirán sus aulas en gallego. Señor Gonzálezvillamarín, ¿apoyaría usted que aquí los padres pudiesen ELEGIR la lengua vehicular en la enseñanza?

1 Ramón Otero

Desde hace más de 30 años todas las leyes educativas han sido elaboradas y aplicadas gobernando el PSOE, en solitario o con el apoyo de los partidos nacionalistas y de izquierda. Se ha ido en la línea de ceder competencias educativas y descentralizar el sistema; de hacer currículos distintos para “adaptarlos” a los hechos diferenciales autonómicos; los alumnos promocionan incluso con dos o más asignaturas y se habla mucho de sus derechos pero poco de sus deberes. Todo esto para llegar a dónde. A los últimos lugares de Europa en materia educativa. España debe ser el único país del continente en el cual los libros de texto no valen de una provincia a otra. El único país de Europa en el cual los alumnos no pueden estudiar en la lengua oficial del Estado en función de la región en la cual vivan. Así nos va. Y hay quien pretende continuar o profundizar en la línea que nos ha llevado a este desastre.

1 límico

Claro, ti queres que o teu fillo saiba tocar flamenco pero non a muiñeira, queres que coñeza o carnaval de Cadiz pero non o entroido de Laza, queres que identífique o Río Henares pero non o Ulla, queres que saiba onde queda Almendralejo pero non Monforte, queres que admire as corridas de touros pero non a rapa das bestas, ....en fin prefires que coñeza o alleo pero non o propio. Ti si tes ese complexo PERO EU NON.

2 Ramón Otero

El flamenco, la muiñeira, el carnaval gaditano o el río Ulla forman parte de mi país, que es España. Tengo tanto interés en unos como en otros y no tengo complejo alguno por se de donde soy. Conocer una cosa no implica desconocer la otra, como usted parece dar a entender. Lo que no quiero para mis hijos es que crezcan aprendiendo que en su país (que es España) hay cosas que le son ajenas o extrañas en función de si son de una región o de otra. Quizás el acomplejado entonces sea usted.

3 Ramón Otero

El flamenco, la muiñeira, el carnaval gaditano o el río Ulla forman parte de mi país, que es España. Tengo tanto interés en unos como en otros y no tengo complejo alguno por se de donde soy. Conocer una cosa no implica desconocer la otra, como usted parece dar a entender. Lo que no quiero para mis hijos es que crezcan aprendiendo que en su país (que es España) hay cosas que le son ajenas o extrañas en función de si son de una región o de otra. Quizás el acomplejado entonces sea usted.

4 23 F

¡Que es España, coño! ¡Viva España, coño! ¡Viva España! http://www.youtube.com/watch?v=VVZg...

5 O Príncipe dos Mouros

Y la religión católica. No te olvides de la religión católica. Principios de economía para los chavales o más horas de inglés no va a mejorar su currículum. Monolingüismo en español, con lo que merma eso sus capacidades lectocomprensivas, y religión católica. ¡Sí, señor! ¡Los salvadores de la Patria!

6 Faldo

Si, si, a escola non se libra dese fanatismo criminal. Así nos vai.