Consumo insta o Banco de España a investigar a imposición de comisións bancarias

Decenas de persoas denunciaron estas semanas o seu malestar por cobros de 50 euros por mantemento da súa conta bancaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Consumo remitiu unha misiva na que insta o Banco de España a investigar a imposición de comisións por mantemento de conta a numerosos usuarios de entidades bancarias, que en Galicia afecta sobre todo a clientes de Abanca.

Decenas de persoas denunciaron estas semanas o seu malestar por cobros de 50 euros por mantemento da súa conta bancaria, unha cantidade que se multiplicaría en función do número de titulares da mesma.

O IGC recibiu numerosas consultas e reclamacións neste sentido, unha cuestión que ten "un impacto importante sobre as economías familiares", e máis nun contexto marcado pola COVID-19 e os seus efectos na situación socio-laboral.

O proceso normativo para tramitar as reclamacións deste tipo pode soponer unha "dilación no tempo" da resolución destes casos, polo que Consumo pediu ao Banco de España que avalíe a situación e evitar "que esta práctica poida estenderse durante varios meses, xerando prexuízos ante a cidadanía", e que se adopten as medidas pertinentes no caso de que sexan necesarias para garantir os dereitos dos consumidores e usuarios.

Un caixeiro dun banco. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Un caixeiro dun banco. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antonio Mário Silva Silva

Son un cliente de ABANCA afectado polo abuso do cobro de comisións abusibas Xa que me atopaba no programa de CERO COMISIONS e de súpeto me atopo con que me descontan 50€ dunha pensión por discapacidade de 395€ e pago 200€ de aluguer. Non teñen moral nin vergoña.