A Artesanía de Galicia estrea o seu "gran escaparate" na Internet

O produto, os artesáns e os oficios, no centro da nova web.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, eloxiou este martes a nova web de Artesanía de Galicia como o "gran escaparate" para impulsar a comercialización do sector, no que cobran protagonismo o produto, os artesáns e os oficios.

Nun encontro con profesionais deste ámbito celebrado en Noroeste Obradoiro, en Santiago de Compostela, e que se puido tamén seguir de maneira telemática, Conde apuntou que a innovación e o deseño son as claves para que o sector siga sendo competitivo, unha fórmula á que "se suma con forza" a dixitalización.

Nese contexto, o portal www.artesaniadegalicia.xunta.gal proporciona un lugar propio para cada un dos 687 talleres que configuran a marca Artesanía de Galicia.

No ámbito da comercialización, Conde informou de que, na orde de axudas deste ano para apoiar a talleres, concellos e asociacións profesionais en actuacións de impulso á comercialización de Artesanía de Galicia, dotada con 330.000 euros, introdúcense novidades para adaptarse ao novo contexto socioeconómico.

Ademais dos habituais apoios para participación ou organización de feiras, na convocatoria, estas axudas inclúen para actuacións dixitais para tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market place, feiras ou calquera outro evento comercial, nacional ou internacional, celebrados en liña.

Artesanía de Galicia na feira Formex de Estocolmo.. XUNTA
Artesanía de Galicia na feira Formex de Estocolmo.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta