Un buque de Salvamento Marítimo busca esta noite os dous mozos desaprecidos no mar en Porto do Son

O accidente tivo lugar na praia de Coira, en Portosín, o pasado luns cando, con tres amigos nun kaiak dos que unha moza foi rescatada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/07/2020 | Actualizada ás 21:57

Comparte esta noticia

O buque de Salvamento Marítimo 'Don Inda' permanece esta noite de martes na zona na que desapareceron dúas kaiakistas en Porto do Son, mentres o operativo de procura retomarase na mañá deste mércores.

Drons da Axega incorpóranse á procura de dous desaparecidos tras envorcar un kaiak en Porto do Son
Drons da Axega incorpóranse á procura de dous desaparecidos tras envorcar un kaiak en Porto do Son | Fonte: 112

O resto do operativo deste martes --como mergulladores, outras embarcacións e Protección Civil por terra-- retirouse nunha xornada na que non houbo novidade na procura, despois de que se incorporaron tamén drons da Axega.

O accidente tivo lugar na praia de Coira, na localidade de Portosín o pasado luns cando tres amigos, dous mozos e unha moza, facían uso da embarcación.

Sobre as 21,30 horas do luns un particular comunicou ao 112 Galicia desde a Praia de Coira, en Portosín, que facía tres horas que tres novos saíran a navegar e non volveran. Tras coñecer os feitos, Salvamento Marítimo mobilizou un dispositivo de procura con medios marítimos e aéreos, ademais de terrestres.

Os servizos de emerxencia localizaron o kaiak envorcado e rescataron unha das ocupantes da embarcación en terra. A moza foi sido trasladada ata o aeroporto de Santiago nun helicóptero de Salvamento Marítimo, desde onde foi levada ao CHUS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta