Ábalos: "Galicia non pode ser unha trincheira fronte ao Goberno da nación"

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana acompaña a Gonzalo Caballero en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 10/07/2020 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, pediu o apoio ao proxecto do PSdeG encabezado por Gonzalo Caballero nas próximas eleccións do 12 de xullo convencido de que Galicia "non pode ser unha trincheira fronte ao Goberno da nación".

O ministro de Transportes, José Luís Ábalos, arroupa en Pontevera a candidatura do candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero
O ministro de Transportes, José Luís Ábalos, arroupa en Pontevera a candidatura do candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

Nun acto electoral en Pontevedra xunto ao candidato socialista á Presidencia da Xunta, Ábalos criticou que para o titular da Xunta e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, Galicia "sexa só unha estación pero "non a parada final".

"Son catro anos máis para seguir como ata agora, paga a pena que llos aforren, porque non é o momento de prórrogas, senón de proxectos centrados en Galicia", sostivo Ábalos.

Nunha intervención na que cargou contra a actitude mantida pola dereita para "tentar derrocar o Goberno" de España durante a xestión dos momentos máis difíciles da pandemia, pediu tamén para Galicia un goberno que aposte polas políticas que pon en valor o público.

"E todo iso a única forza política capaz de representalo é o Partido Socialista e Gonzalo Caballero, que non ten maior ambición que servir a Galicia e non como pase intermedio para nada", subliñou o tamén secretario de Organización do PSdeG.

Ademais, aproveitou para criticar que o presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, trate de agochar as súas siglas durante a campaña.

Pola súa banda, Caballero pediu "que non quede o voto do cambio en casa". "Temos que mobilizar Galicia porque Galicia quere un goberno presidido polo Partido Socialista", afirmou para indicar que está "á altura do que Galicia necesita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta