Por Galicia Confidencial | Viveiro | 17/02/2013 | Actualizada ás 11:46
Coincidindo cos últimos descubrimentos sobre Pardo de Cela, a TVE2 emitiu hai uns días o documental "O mariscal. Lenda, mito e realidade", producido por Imaxina e realizado en 2008.
O documental ten entrevistas a historiadores, eclesiásticos e recoñecidos membros da cultura galega, como o xa falecido Isaac Díaz Pardo. Ademais ten recreacións históricas de ficción realizadas en Ribadavia.
A serie foi subvencionada pola Consellería de Cultura e Deporte e os dereitos completos son da TVG. Sen embargo, foi emitida a principios de febreiro, en castelán, na TVE2. A TVG2 emitirao o vindeiro 25 de febreiro ás 23.00 horas, en galego.
A historia
O documental narra a historia do mariscal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra nunha época na que casteláns e galegos loitaban pola sucesión do poder político de Galicia. Por unha banda, os galegos recoñecían como reina a Juana A Beltranexa e polo outro, os casteláns defendían o reinado dos Reis Católicos, que procederon á anexión do Reino de Galicia. Pardo de Cela declarouse fiel ao Reino de Galicia e rebelouse contra a submisión aos Reis Católicos. Prodúcese entón o envío dun novo exército formado polas tropas de Acuña e Chinchilla, dando comezo a unha loita entre galegos e casteláns que durou uns 3 anos. Comezaba o que se deu en chamar como "a doma e castración do Reino de Galicia".
O mariscal Acuña subornou a uns vasalos de Pardo de Cela que lle abriron as portas da Frouxeira. O mariscal é condenado a morte. A súa dona, curmán da raíña Isabel consigue o perdón para el pero os homes do bispo de Mondoñedo entreteñena na ponte da pasaxe mentres o seu home é axustizado diante da catedral de Mondoñedo.
Aquí podes ver o documental en español:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.