Existe terrorismo en Galicia?

Menos do 1% dos cidadáns cre que é un problema. O 70% fala do paro, do traballo e da crise. Este é o resultado dunha enquisa cidadá. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2013 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

"A min preocupame o paro. Eu estou no paro e meu home tamén", di unha muller. "O paro", di unha segunda. "O paro e a falta de traballo", di unha terceira. "O paro e a emigración e como estudantes pois, imaxinate", di un mozo. "A min a crise, como a todos", engade un home. "Para min o traballo, aínda que estou xubilado", apunta outro. "O traballo porque sei o difícil que é ter un", asegura outro mozo.

Ola con explosivos incautada en Vigo na operación contra Resistencia Galega
Ola con explosivos incautada en Vigo na operación contra Resistencia Galega

Son as respostas que dan un grupo de cidadáns nunha enquisa realizada por estudantes da Facultade de Xornalismo de Santiago. "Traballo" e "paro" son as palabras máis pronunciadas. Pero tamén hai críticas aos partidos e á corrupción.

Paro

Precisamente, o paro e a falta de traballo é a principal preocupación para o 70% dos cidadáns; para o 39% é a crise e a actual situación económica e para o 30% os políticos e a corrupción. O terrorismo, que estaba no primeiro posto hai tan só uns poucos anos, caiu ata menos do 1%.

Terrorismo

Nesta enquisa preguntaselle sobre esta cuestión. As respostas son significativas. "Para min non", di un. "Non penso que sexa un problema agora", di outro. "De momento, non", repiten dous. "Non hai terrorismo en Galicia", asegura un terceiro. "No sé. Hace poco salió por la tele el grupo este terrorista gallego... los Grapo, no?", di outro. "A min atemorizamete, aínda que comigo non se meteron e por iso xa verei se o creo ou non", asegura outra muller. "Catro artefactos nun caixeiro iso non é terrorismo", apunta outro rapaz. "Iso é vandalismo, máis que nada", engade unha xubilada.

As persoas que pensan que existe terrorismo en Galicia din que o viron no "telexornal", que "escoitaron algo", que "cren" que lles dixeron "algo". Este é o vídeo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Xoelho

Claro que existe terrorismo en Galiza: paro salvaxe, desafiuzamentos, marxinación, contratos-lixo, inestabilidad mareante no emprego, sanidade e educación cada vez peor, etc.

4 guaka-maio

O terrorismo é praticado sistemáticamente polo estado espanhol. O que pasa é que os medios dese entorno terrorista, como a coz da galiza, non van reportar os seus atos.

3 P. Garcia

Na Galicia NON hai un problema de "violencia política", o que hai unha "política violenta", no sentido de que impón os intereses privados por riba dos colectivos. Destrucción da economía real e demográfica, o resultado é un "impaís". Eso é "violencia" e se non hai máis "violencia política" é porque os blanquistas (ou os iluminados ou "vangardistas ideolóxicos") tampouco cren que sexa posible deter o "suicidio". Galicia vai camiño de ser un parque xerontóloxico.

2 Nemigo

a pregunta está mal feita. Se preguntasen se nos preocupan as montaxes policiais, entón habería máis resultados

1 un galego

enton, ti xustificas que alguen leve no morral unha ola cheia de explosivo; !solo e para facer unah broma, claro?

2 FALABARATO

Primeiro terán que xulgalas persoas con todalas garantías legais e deixar de demonizalos na prensa, que non ten ningún problema en dar nomes e apelidos de presuntos terroristas. por se quere culturizarse ahí lle vai un enlace. STOP CRIMINALIZACION!!!!!!!!!!!!! broma e o teu galego

1 Coruñento

GC, non pode ser que andemos a transmitir a idea que hai tolerancia diante do terrorismo

1 Nemigo

volve ler que non entendiches o tema

2 Trolluñento

Coruñento, non pode ser que andes a transmitir a idea que apoias o terrorismo. Se intoxicamos ao estilo galiciabilingue entón intoxicamos todos, non ti só. E volve ler, que non entendestes e logo queres falar e