O BNG denuncia o incremento do gasto militar

O BNG denuncia "continuos aumentos" do gasto militar e reclama transparencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2025 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O BNG denuncia "continuos aumentos" do gasto militar aprobados este ano mediante transferencias e créditos extraordinarios, reclama transparencia e pide poñer freo "á carreira armamentística". A través dun comunicado de prensa, os nacionalistas informan o rexistro dunha batería de preguntas dirixidas ao Goberno central nas Cortes.

A iniciativa céntrase na autorización de máis de 15.600 millóns de euros aprobada no Consello de Ministros do pasado 10 de xuño para financiar novos programas de modernización do Ministerio de Defensa, "sen debate parlamentario e en cumprimento dos ditados da OTAN e dos Estados Unidos". O deputado do Bloque Néstor Rego cualifica esta política como "unha perigosa deriva militarista" e advirte de que "compromete o gasto social" e supón "un entreguismo total ás potencias militares".

"O Goberno está a impulsar unha política de rearmamento ás alancadas, multiplicando o gasto militar e renunciando a calquera debate democrático no Congreso. Isto responde única e exclusivamente ao ditado da OTAN e dos EUA. E, de facto, sitúa ao Estado español como un alumno obediente do complexo militar-industrial internacional", denuncia Rego. Ve "absolutamente inaceptable" que mentres se destina "unha chea de recursos a armas, o Goberno non cumpra co financiamento da lei de dependencia, condenando a miles de persoas a longas listas de espera e a unha atención insuficiente".

Nesta liña, alerta de que a deriva do Executivo "conducirá inevitablemente a recortes sociais, unha perdida de benestar á cidadanía e maior dependencia das políticas ditadas polo lobby armamentístico estadounidense".

O deputado do BNG Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta