Morre un home en Carnota tras envorcar o kaiak no que viaxaba

O home foi visto por última vez en Caldebarcos cando había forte vento.

Por Galicia Confidencial | Carnoga | 19/07/2020 | Actualizada ás 22:36

Comparte esta noticia

Salvamento Marítimo atopou a últimas horas desta tarde a un home que estaba sendo buscado deste había unhas horas tras envorcar o kaiak no que viaxaba.

Praia de Carnota.
Praia de Carnota.

O home, segundo fontes consultadas por GC, saíu de Lira sobre as 17.30 horas cun kaiak e a súa intención era chegar a Caldebarcos. Pasadas as 20.00 horas deuse a voz de alarma logo de que algunhas persoas escoitaran ao home pedir auxilio á altura de Panchés cando "venteaba moito na zona".

Inmediatamente deuse aviso a Emerxencias e Salvamento Marítimo mobilizou un helicóptero. Segundo as fontes consultadas o corpo puido ser atopado xa preto das illas Lobeiras.

Este é o seguindo accidente de Kaiak en Galicia en quince días. De feito, aínda se seguen buscando ás dúas persoas que se accidentaron en Porto do Son hai dúas semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta