Abanca reduce á metade os seus beneficios ante o impacto da covid

A entidade gañou 133 millóns no primeiro semestre do ano, un 47% menos que en 2019, tras realizar unha dotación para facer fronte ó virus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Abanca obtivo un beneficio de 133,1 millóns no primeiro semestre de 2020, o que supón un 46,8% menos que no mesmo período de 2019 --foron 250,1 millóns por entón--, tras realizar unha dotación por valor de 163 millóns para facer fronte ao impacto do coronavirus.

En presentación de resultados por videoconferencia, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, destacou que a entidade conta con "un sólido perfil financeiro para afrontar a contorna COVID", con "robustos niveis" de capitalización, liquidez e cobertura, así como a "maxima calidade" de activos.

ABANCA - Arquivo
ABANCA - Arquivo

Segundo destaca a entidade, Abanca obtén un crecemento do 56,1% antes de provisións. Mentres, os ingresos recorrentes continúan á alza (+15% de marxe básica) e mantéñense como alicerce da rendibilidade.

A taxa de morosidade sitúase no 2,7% e sitúa a Abanca como entidade líder por calidade de activos. Ademais, a taxa de cobertura de activos dubidosos crece ata o 66,2%, a máis elevada do sector. Mentres, o volume de negocio crece un 12,8% ata os 88.693 millóns de euros, con notables crecementos en créditos e depósitos.

TENDENCIA ECONÓMICA "MÁIS POSITIVA" EN GALICIA

Un dos puntos sobre os que chamou a atención o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, é que Galicia presenta unha tendencia económica "máis positiva" que a media.

Sobre este extremo, apúntase a que hai "unha menor dependencia" do turismo exterior, un peso do mercado gandeiro e pesqueiro "moi destacado" e unha situación sanitaria cunha "evolución máis razoable que a media".

Estes factores estruturais reflíctense nunha menor caída da evolución do PIB e un mellor comportamento do emprego, polo que o futuro económico "tenderá a ser máis ponderado que a evolución da media nacional", cunha "forte resiliencia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta