O BNG chama á participar na súa renovación a través dunha web

A fronte, que acaba de executar un ERE, nega que contratase á consultora externa "Pan y Chorizo". Con todo, o domino deste novo portal está rexistrado cos datos da citada consultora.

Por Walter Burns | Santiago | 05/03/2013 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

"A Asemblea Nacional do BNG do 17 de marzo está a piques de chegar e ti tes moito que dicir nela. Non te cortes!". Este é o lema da web contigo17m.org, coa que o BNG chama a súa a militancia a participar no debate premio á Asemblea Nacional Extraordinaria que, entre outros puntos, elixirá novo voceiro nacional. 

Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede da Asemblea do BNG
Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede da Asemblea do BNG

Por vez primeira os nacionalistas centran na Internet o debate previo a unha cita tan importante. Na ánálise posterior ao fracaso das eleccións galegas, o BNG concluíu que as redes sociais eran un dos factores determinantes para buscar canles alternativas as difíciles relacións que manteñen con varios dos grandes medios corporativos.

Dentro desta nova estratexia de comunicación, GC informou que o BNG acaba de contratar un asesor externo co fin de potenciar a interelacción con afiliados e simpatizantes a través da Rede. Posteriormente á noticia de GC, El País ampliou esta información.

A noticia do GC provou un debate dentro do Bloque, pois a fronte acaba de botar a gran parte dos seus traballadores -entre eles media ducia de xornalistas- e pouco despois adica parte dos seus recursos a un consultor externo.

A polémica chegou á nova web, donde un internauta pregunta "podes confirmarme se esta páxina foi feita pola empresa Pan y Chorizo, como dixeron nos xornais hai pouco"

O BNG desmente que contratase a esta consultora."Tal e como manifestamos no seu momento dende o BNG, non mantemos ningún tipo de relación coa empresa denominada “Pan y chorizo”", responde a fronte.

Agora ben, calquera pode comprobar no Who Is que a propia páxina está rexistrada cos datos desa consultora. Por exemplo, o email de contacto é panconchourizo_Arroba_gmail.com . O nome e teléfono da persoa que rexistrou a web da Asemblea do Bloque coinciden co do experto en oratoria contratado.

GC contactou co BNG para aclarar se efectivamente a web está realizada ou non por unha consultora externa. Fontes oficiais do BNG indicaron que a fronte non ía facer declaracións sobre este asunto.

Na web, o Bloque argumenta que o diñeiro extraordinario solicitado recentemente á militancia é adicado a pagar as indeminizacións do ERE e non á nova consultora.

Vence e Adán, os nomes que máis sonan para relevar a Guillerme

Por outra banda, o debate continúa dentro da fronte sobre quen substituirá a Guillerme Vázquez como voceiro nacional. Francisco Jorquera, voceiro no Parlamento de Galicia, deu a entender onte que non está disposto a asumir tal carga.  O político ferrolán tampouco ve con malos ollos que haxa un líder na fronte e outro na Cámara.

Varios medios de comunicación sinalan a Xavier Vence, profesor na Facultade de Económicas da USC, e a Carme Adán, deputada no Parlamento, como favoritos nas quinielas para a inminente Asemblea.

Os dous son persoeiros de prolongada militancia do BNG. Ningún dos dous forma parta na UPG -o partido comunista máis numeroso no Bloque-, pero os dous están próximos a Alternativa pola Unidade, a coalición de independentes e a UPG que elevou a Guillerme Vázquez ao liderado do Bloque tras o fiasco do 'quintanismo'.

Abrente, a corrente máis próxima a socialdemocracia das que quedan na fronte tras as escisións de irmadiños e Máis Galiza, xa confirmou que nin se integrará nunha lista coa APU nin presentará lista de seu.

O grupo que lidera Carlos Aymerich non comparte o xiro cara a ortodoxia soberanista e comunista que defende a APU para recuperar espazo nestes tempos de crise. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

10 Xosé

Onte pola noite había un comentario crítico con Galicia Confidencial, e hoxe pola mañán xa non está. Non digo máis, agardo que este comentario que so arroxa luz sobre os modos deste medio, non sexa tamén CENSURADO

1 Galicia Confidencial

Estimado Xosé, este comentario non será borrado, como non foron borrados as ducias que hai nestes foros críticos co GC. No GC temos moitísimo respeto pola opinión da audiencia. Iso si, foron e serán borrados aqueles que acusen a persoas de cometer delitos, como era o caso do comentario ao que te refires. GC non manda correos amenazantes dende o anonimato nin tolera amenazas nos seus foros. Aquí pódese criticar a calquera, pero con educación e dentro da Lei.

9 Pardo de Cela

Ahi de Espanha se as enerxias en criticarnos entre nos as gastasemos em combater o inimigo do pais.

8 senadoramerendadora

a senar e merendar, como fajo eu. O meu pai tamén, que endexamáis entrará nun ERE, claro.

7 Xornalismo de calidade

O que nos imos rir cando La Voz de Galicia e demais apliquen o xornalismo de calidade "pan y chorizo" de Galicia Confidencial a AGE e ao beirismo en canto consideren que xa non serve aos seus intereses.

6 Xornalismo de calidade

O que nos imos rir cando La Voz de Galicia e demais apliquen o xornalismo de calidade "pan y chorizo" de Galicia Confidencial a AGE e ao beirismo en canto consideren que xa non serve aos seus intereses.