O BNG chama á participar na súa renovación a través dunha web

A fronte, que acaba de executar un ERE, nega que contratase á consultora externa "Pan y Chorizo". Con todo, o domino deste novo portal está rexistrado cos datos da citada consultora.

Por Walter Burns | Santiago | 05/03/2013 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

"A Asemblea Nacional do BNG do 17 de marzo está a piques de chegar e ti tes moito que dicir nela. Non te cortes!". Este é o lema da web contigo17m.org, coa que o BNG chama a súa a militancia a participar no debate premio á Asemblea Nacional Extraordinaria que, entre outros puntos, elixirá novo voceiro nacional. 

Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede da Asemblea do BNG
Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede da Asemblea do BNG

Por vez primeira os nacionalistas centran na Internet o debate previo a unha cita tan importante. Na ánálise posterior ao fracaso das eleccións galegas, o BNG concluíu que as redes sociais eran un dos factores determinantes para buscar canles alternativas as difíciles relacións que manteñen con varios dos grandes medios corporativos.

Dentro desta nova estratexia de comunicación, GC informou que o BNG acaba de contratar un asesor externo co fin de potenciar a interelacción con afiliados e simpatizantes a través da Rede. Posteriormente á noticia de GC, El País ampliou esta información.

A noticia do GC provou un debate dentro do Bloque, pois a fronte acaba de botar a gran parte dos seus traballadores -entre eles media ducia de xornalistas- e pouco despois adica parte dos seus recursos a un consultor externo.

A polémica chegou á nova web, donde un internauta pregunta "podes confirmarme se esta páxina foi feita pola empresa Pan y Chorizo, como dixeron nos xornais hai pouco"

O BNG desmente que contratase a esta consultora."Tal e como manifestamos no seu momento dende o BNG, non mantemos ningún tipo de relación coa empresa denominada “Pan y chorizo”", responde a fronte.

Agora ben, calquera pode comprobar no Who Is que a propia páxina está rexistrada cos datos desa consultora. Por exemplo, o email de contacto é panconchourizo_Arroba_gmail.com . O nome e teléfono da persoa que rexistrou a web da Asemblea do Bloque coinciden co do experto en oratoria contratado.

GC contactou co BNG para aclarar se efectivamente a web está realizada ou non por unha consultora externa. Fontes oficiais do BNG indicaron que a fronte non ía facer declaracións sobre este asunto.

Na web, o Bloque argumenta que o diñeiro extraordinario solicitado recentemente á militancia é adicado a pagar as indeminizacións do ERE e non á nova consultora.

Vence e Adán, os nomes que máis sonan para relevar a Guillerme

Por outra banda, o debate continúa dentro da fronte sobre quen substituirá a Guillerme Vázquez como voceiro nacional. Francisco Jorquera, voceiro no Parlamento de Galicia, deu a entender onte que non está disposto a asumir tal carga.  O político ferrolán tampouco ve con malos ollos que haxa un líder na fronte e outro na Cámara.

Varios medios de comunicación sinalan a Xavier Vence, profesor na Facultade de Económicas da USC, e a Carme Adán, deputada no Parlamento, como favoritos nas quinielas para a inminente Asemblea.

Os dous son persoeiros de prolongada militancia do BNG. Ningún dos dous forma parta na UPG -o partido comunista máis numeroso no Bloque-, pero os dous están próximos a Alternativa pola Unidade, a coalición de independentes e a UPG que elevou a Guillerme Vázquez ao liderado do Bloque tras o fiasco do 'quintanismo'.

Abrente, a corrente máis próxima a socialdemocracia das que quedan na fronte tras as escisións de irmadiños e Máis Galiza, xa confirmou que nin se integrará nunha lista coa APU nin presentará lista de seu.

O grupo que lidera Carlos Aymerich non comparte o xiro cara a ortodoxia soberanista e comunista que defende a APU para recuperar espazo nestes tempos de crise. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

5 maría lois

Dádevos por contentes de que agora si, agora podedes ir sen delegados á Asemblea grazas a xente que xa on está no BNG. Que D vos colla confesados!

4 Carloslopezgonzalez

A APU (Alternativa pola Unidade) non existe. Por outra parte o BNG ten que contratar empresas para xestionar ese servizo pois non era quen de manter 6 xornalistas en nómina.

3 Decepción

Se isto é así como decides, a persoa que fixo estas declaracións no nome do BNG ou o responsabel político de Comunicación, ten a mesma catadura moral que aquel outro que enganando á xente dixo: "Son solo unos hilillos de plastilina en ascenso vertical..." PP e os dirixentes do BNG xa son iguais.

2 floppinho

Se se fai un Blog "participativo" que se faga despois da Asemblea e pola nova Executiva que inicie unha nova etapa no BNG. A militancia xa ten cauce para opinar e elexir na propia Asamblea onde pode ir todo o mundo. Se se fai este Blog agora, a 20 dias da elección da nova dirección, é para proxectar a algúns dirixentes da vella etapa, que queren utilizálo para facer a súa campaña personal. Quenes son es@s dirixentes? Pois os que contratarón o Blog e se desfixeron de mais da mitade dos profesionais que tiñan en plantilla ciunhas condicións e formas deplorabeis. O 17M nova dirección no BNG, caras novas e con ilusión. So así chegaremos á xente, o de menos e facer "cosmetica" para manter o poder interno.

1 cliches

O BNG acaba de facer un blog, que demanda comentarios para mellorar o bloque, que chama #contigo17M (podedes acceder a él desde o menú da web bng-galiza.org) Foi feito por unha empresa contratada este mes que se chama Pan e chorizo. Veño de facer varios comentarios nestes días, todos contructivos mais que criticaban minimamente a actual dirección do BNG. Ningún deles foi publicado, so publican os que van na liña que queren ou os que claramente eles fan e dan a crer que son de xente anónima. Miralo e veredes que chega a ser cómico. Para min que quen contesta nin tan sequera é militante do BNG polas pifias políticas que mete. Pan para esta empresa porque deben ser ben chourizos, ha, ha, ha. O malo é que estas chourizadas imos pagalas a militancia do BNG coa cuota extraordinaria que nos meteron.

1 plurais si chataxes non

a couta extraordinaria non é obligatoria, se a pagas é porque queres....eu non a podo pagar e non se me aplicou....a por certo respondeuse as preguntas que ti sinalas....lé a paxina!!

2 exmilitante

Si é tamén negou o de panconchourizo. Eu tamén fixen unha pregunta que no está visible nin contestada. Non sei no tema dos ERES, pero polo xeral as cotas extraordinaria son de obrigatorio pagamento, ou non tes dereito participar na asemblea.

3 Klaus

pois entérate ben, que logo metes o zoco nos comentarios. a cota extraordinaria é voluntaria. e esa empresa panychorizo ou pan con chourizo ou como sexa, alguén sabe dela ou é outra invención así, simpática, deste xornal de grande prestixio que é Galicia Confidencial?

4 anonimo

Eu acabo de entrar no blogue, e vexo moitas preguntas, entre elas a que GC di na noticia que mandou ao bloque. O mais curioso é que a resposta leva no blog dende o día anterior a que se publicara esta noticia, non vexo tal censura no blogue, todo o contrario, algúns deberiades mirar e sondear ben anteas de falar

5 exmilitante

anónimo haberá moita preguntas e resposta, pero a miña pregunta no aparece e polo tanto non foi contestada.