Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 20:40
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o seu novo proxecto expositivo, "Castelao grafista (facsímile)". Esta mostra conta co artista e intelectual de Rianxo como protagonista e na que se reuniron obras pertencentes ás súas diferentes dimensións como creador, desde textos ata ilustracións, deseños, fotografías ou publicacións.
A exposición foi producida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, e poderase visitar no Café Moderno Afundación de Pontevedra dende o 24 de setembro, coincidindo co centenario do Grupo Nós.
A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao. Así mesmo, no Café Moderno Afundación poderase gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
Pontevedra foi a cidade escollida para esta exposición polo forte vínculo que tiña Castelao con ela e mais polo Café Moderno, que contou con numerosos intelectuais nos seus faladoiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.