Bombeiros retiran un niño de velutinas con "moito perigo" dun balcón en Cee

A operación durou media hora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Efectivos dos Bombeiros de Cee retiraron na noite deste mércores un niño de avespas velutinas con "moito perigo" por estar situado no balcón dunha vivenda neste municipio coruñés.

Segundo informaron os Bombeiros de Cee, ás 21,05 horas deste mércores recibiron o aviso pola presenza dun niño de avespas velutinas no balcón dunha vivenda na Rúa Gueifar en Cee.

As mesmas fontes indicaron que procederon a retirar un "niño primario de pequena dimensión pero de moito perigo por estar no beirado do balcón da vivenda".

Equipados co EPI de velutina, "despois de mollar ben co insecticida", os bombeiros procederon a retirar o niño "para un saco plástico para a súa posterior destrución". Concluíron a intervención sobre as 21,40 horas.

Niño de avespa velutina. UNIU - Arquivo
Niño de avespa velutina. UNIU - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta