O 72% do alumnado superou as probas de inglés de niveis B1, B2 e C1 para centros plurilingües

É a segunda ocasión na que a Xunta habilita un procedemento para que todo o alumnado que termina os estudos de ESO, Bacharelato ou FP poida acreditar o seu nivel de inglés con probas gratuítas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/08/2020 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

O 72 por cento do alumnado que se presentou ás probas organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para acreditar o nivel de inglés de acordo cos niveis B1, B2 e C1 do marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) lograron a certificaicón.

Taboleiro en inglés
Taboleiro en inglés

En concreto, de 2.681 alumnos de 70 centros que se presentaron na convocatoria do curso 2018-2019, superaron as probas, que foron o pasado mes de febreiro, 1.540, informou a Consllería.

É a segunda ocasión na que a Xunta habilita un procedemento para que todo o alumnado que termina os estudos de ESO, Bacharelato ou Formación Profesional nalgún das 423 instalacións da rede de centros plurilingües poida acreditar o seu nivel de inglés con probas gratuítas.

Este ano introduciuse como novidade a posibilidade de certificar o nivel C1. A primeira convocatoria foi para o curso 2017-2018 e, entre as dúas, son case 2.500 os alumnos con certificado completo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta