Unha vivenda foi calcinada por un incendio en Dodro

Acudiron ao incendio os Bombeiros de Boiro e Ribeira, o GES de Padrón e a Garda Civil, ningunha persoa resultou ferida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Un incendio declarado na tarde deste mércores, 12 de agosto, nunha casa en Dodro (A Coruña) provocou danos en varias estancias da vivenda, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as chamas calcinaron as estancias do primeiro e do segundo piso e afectaron o tellado da casa, que colapsou. Ademais, na planta baixa, os servizos de emerxencia conseguiron evitar que o lume afectase a dúas habitacións, a unha adega e a unha cociña.

En concreto, os feitos sucederon no lugar de Bexo, na parroquia de San Xoán de Laíño, sobre as 14,40 horas. Nese momento, un particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Boiro e Ribeira, ao GES de Padrón e á Garda Civil.

A Unidade Militar de Emerxencias traballa na extinción do incendio en Lobios
A Unidade Militar de Emerxencias traballa na extinción do incendio en Lobios | Fonte: UME.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta