Ferrín impón a súa posición na RAG antes de deixar a Presidencia

A Real Academia recorre ante o Supremo o decreto do plurilingüismo pedindo a súa "anulación total". Con todo, queda aberta a posibilidade de retirar os recursos de Xunta e RAG no futuro.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 11/03/2013 | Actualizada ás 22:19

Comparte esta noticia

"Algúns académicos, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que non teño sitio na RAG". Este foi un dos argumentos que deu o aínda presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, ao dimitir deste cargo. A advertencia ía dirixida a algúns académicos que, previamente, o secretario desta institución, Xosé Luís Axeitos, vinculaba co ILGA e co Consello da Cultura Galega.

Rolda de prensa de Ferrin
Rolda de prensa de Ferrin | Fonte: galiza.indimedia.org

Estas supostas presións que denuncia Ferrín estaban vinculadas, precisamente, co recurso que a RAG fixo contra o decreto de plurilingüismo e que, derivaron, despois, en críticas a súa xestión e, sobre todo, na publicación de varias informacións nas que se daban conta da vinculación laboral de varios dos seus achegados coa RAG. e que o aínda presidente cre que tivo o respaldo de "xente de dentro".

Acordo

Pero, finalmente, a decisión de recorrer ante o Tribunal Supremo o decreto da Xunta sigue adiante. "Logo do seu anuncio de marchar ninguén quixo poñerlle trancas no camiño", apuntan fontes consultadas por GC coñecedoras de todo o que acontece na RAG. "Ningún dos académicos quere, agora, que se dea a sensación que houbo un veto a esta decisión e, precisamente, para invalidar esas insinuacións que fixo tanto el como o propio Axeitos", sinalan.

Con todo, o órdago que lanzou o propio Ferrin aínda non rematou. Conseguiu, finalmente, o seu principal obxectivo, que era recorrer o decreto e, evitar así, que a Xunta puidera convencer aos académicos de que cambiaran de opinión e se fora pola "vía do diálogo".

Diálogo

Tal e como informou GC a pasada semana, hai meses que destacados dirixentes do Goberno galego, incluído o propio Núñez Feijóo, estaban tentando buscar unha solución "pacífica" á xudicialización do decreto do galego. A ofensiva de denuncias contra este decreto e, sobre todo, que a xustiza decidira admitir algúns deles, provocou unha reflexión na cúpula do Goberno galego e, principalmente, na Consellería de Cultura. 

Por iso, altos cargos da Xunta mantiveron conversas con representantes do mundo da cultura en Galicia, nomeadamente, de entidades representativas como a RAG e o Consello da Cultura Galega (CCG) para tentar buscar unha postura "consensuada" e evitar a xudicialización do decreto. Pero, finalmente, non houbo acordo. O anuncio feito este luns por Ferrín, a quen acompañou a cúpula da RAG, dá a entender que, finalmente, o decreto do galego xudicializarase.

Recurso

Finalmente, a RAG presentou un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra o decreto do plurilingüismo no que pide a súa "anulación total", despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulase algúns dos seus apartados.

A Academia estivo a esperar, segundo Ferrín, até esgotar o prazo para presentar o recurso, unha "reacción" por parte da Administración autonómica. Ao fío diso, dixo que, ao non existir "diálogo", víronse "obrigados" a presentar o recurso contra un decreto "que se afasta do mandato normalizador", recalcou.

O acordo da RAG foi "por unanimidade". A RAG presentou o recurso o pasado 4 de marzo, despois de que a Xunta de Galicia fixera, con data 14 de decembro de 2012, un escrito de preparación de casación, que ratificou sete días despois.

Retirada do recurso

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, confirmaba a pasada semana que a Xunta acudiu ao TS para presentar un "posible" recurso de casación polas sentenzas contrarias ao decreto emitidas polo TSXG. En todo caso, deixaba claro que, polo momento "non hai nada decidido" e que, aínda que o presentaran, tamén o poden retirar "en calquera momento".

E é que, tanto na Xunta, como na RAG hai quen conserva aínda esperanzas de que a situación se poida reconducir tras a marcha de Ferrín da Presidencia da academia. Nas xuntanzas que se mantivo ao máximo nivel entre dirixentes da Xunta e académicos da RAG deixouse a posibilidade de retirar os recursos "se se chegaba a algunha solución que satisfaga a todas as partes", confirman a GC as fontes consultadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 morno

Feijoo: rápido, chamade a Monteagudo!

9 Coiro

Ferrín non dimita, fágalle ese favor ao galego, ás/aos galeg@s e a Galicia. Que goebbelsrueda e a caverna mediática, que Feijooo e o laboratorio de ideas da FAES non gañen e perdamos @s galeg@s, que non lles resulte tan doado derrubar aos máis senlleiros de nós, que non se repita a historia de sempre. Está na súa man, anque tamén entendo que non lle apeteza aturar, as argalladas duns e a falta de apoio doutros.

8 Coiro

Ferrín non dimita, fágalle ese favor ao galego, ás/aos galeg@s e a Galicia. Que goebbelsrueda e a caverna mediática, que Feijooo e o laboratorio de ideas da FAES non gañen e perdamos @s galeg@s, que non lles resulte tan doado derrubar aos máis senlleiros de nós, que non se repita a historia de sempre. Está na súa man, anque tamén entendo que non lle apeteza aturar, as argalladas duns e a falta de apoio doutros.

7 Precisión

Na primeira parte do meu comentario xa dicia que a decisión da RAG e da Xunta de recurrir supoñía evitar a firmeza da sentenza do TSXG e que, por tanto, a Xunta podía seguir a aplicando o Decreto de plurilinguismo. Descoñezo se a Xunta formalizou o recurso de casación (ata agora só o anunciou procesalmente, que non é o mesmo). Reitero o dito. As posibilidades de que os recursos de RAG e Xunta prosperen son escasas, por non dicir nulas.

6 Evidente2

3.- Descoñezo @ redactor@ do recurso de casación da RAG. Faría ben en ler a última Xurisprudencia ao respecto, por exemplo as mais recentes STS de 09/12/2010 e 19/02/2013, ambas relativas ao catalán. 4.- En conclusión, a RAG está no seu dereito a recurrir en casación diante do Supremo, aínda que as posibilidades de que prospere son limitadas e reducidas. Cuestión distinta é que con elo, e ata a firmeza da sentenza, o Decreto 79/2010 poderá seguir aplicándose na súa integridade.