Convocan unha concentración na Coruña contra a monarquía "corrupta e herdeira do franquismo"

A marcha, fixada para o 20 xoves 20, propón derogar o delito de inxurias á coroa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2020 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A plataforma cívica Galiza pola República convoca unha concentración na Coruña o próximo 20 de agosto no Obelisco baixo a lema 'Non queremos monarquía corrupta e herdeira do franquismo'. "Cremos que había que dar resposta inmediata á fuxida do rei emérito", explicou un dos portavoces da entidade, Manuel Monge.

No cartel de convocatoria, asegurou Monge en rolda de prensa, "recóllese o que é a transición: o ditador Franco dándolle a man a Felipe V con Juan Carlos diante". "É a substitución", denunciou. A plataforma, que naceu fai seis anos con motivo da abdicación do rei Juan Carlos, agrupa a 25 entidades da comarca da Coruña; entre elas, as formacións políticas BNG e Marea Atlántica, sindicatos como a CIG e asociacións como Alexandre Bóveda ou Ou Facho.

Ademais da convocatoria, a plataforma presentará unha moción aos grupos municipais do consistorio para que leve ao pleno da Coruña de setembro. "Esperamos que sexa aprobada coa maioría absoluta e seguiremos presentando iniciativas deste tipo", explicou Monge, que pediu o apoio expreso ao PSOE. A iniciativa inclúe a proposta de que a comisión municipal de memoria histórica estude a retirada de "calquera tipo de honra ou distinción" ao rei emérito; que se constitúa unha comisión de investigación sobre as actividades económicas de "todo o seu reinado", así como que se consulte á cidadanía sobre o "modelo de Estado".

DELITO DE INXURIAS Á COROA

A concelleira do BNG na Coruña, Avia Veira, avanzou que a moción tamén inclúe a petición de que se derrogue o delito de inxurias á coroa porque, dixo, "restrinxe a liberdade expresión". "Reiterámonos nas palabras de Ana Pontón, non hai nada que tape a podremia da Casa Real", sinalou Veira, para quen a denuncia á portavoz nacional do BNG, xa arquivada, é "o colmo da podremia".

A iniciativa tamén pretende que o pleno municipal pida que o rei emérito explique a súa "fuxida" e que a Casa Real desvele se houbo "gasto público" na mesma. Ademais, reclama que o monarca "non teña ningún tipo de partida orzamentaria pública para a súa vida privada". No escano cidadán do próximo pleno municipal participará, explicaron os membros da plataforma, o activista Nicanor Acosta, que tamén pedirá que se "desvele a actuación deste Borbón" desde a chegada da democracia.

Manifestación a favor da República en Vigo
Manifestación a favor da República en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta