Pontón avisa que as denuncias non calarán ao BNG e insiste en investigar os "negocios escuros" da Casa Real

A portavoz nacional do BNG lamentou "que se poida investigar a unha persoa por criticar á monarquía" nun momento en que a sociedade está "escandalizada" ante supostas comisións cobradas polo rei hemérito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2020 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu este venres de que ningunha denuncia vai conseguir silenciar e facer calar á formación e reiterou a súa petición de que se investiguen os "negocios escuros" e a suposta corrupción da Casa Real.

A Fiscalía da Audiencia Nacional arquivou as denuncias que se presentaron contra o vicepresidente da Generalitat de Cataluña, Pere Aragonès (ERC); a líder de Adiante Andalucía, Teresa Rodríguez; e a propia Pontón por posibles inxurias á Coroa tras os seus respectivos comentarios ao coñecerse a marcha de España do Rei emérito.

Tras coñecer a decisión "de novo a través dos medios de comunicación", Pontón lamentou "que se poida investigar a unha persoa por criticar á monarquía" nun momento no que existe un debate aberto nunha sociedade "escandalizada ao coñecer os negocios escuros" da Casa Real, como o suposto cobro de comisións derivadas de contratos de AVE en Arabia Saudita, entre outras.

"O importante é que se xulguen eses feitos e que a Xustiza traballe para que ninguén, a pesar do seu apelido, poida estar por encima da lei", insistiu, para censurar que é "anacrónica" a "impunidade" coa que se cobre á coroa, do mesmo xeito que o feito de que a xefatura do Estado "vai pola vía hereditaria".

Finalmente, Pontón asegurou que o BNG "seguirá defendendo con claridade e sen pelos na lingua o que está a pasar" para reclamar no Congreso unha investigación sobre estes casos que saltan á opinión pública.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e futura portavoz do Grupo Parlamentario do BNG no XI Lexislatura
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e futura portavoz do Grupo Parlamentario do BNG no XI Lexislatura | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Limico

A verdade ë que parece incrible..... A fiscalía e vez de investigar a ese rei "presunto" delincuente, investiga a Ana Pontón por dicilo.....Manda carallo!!!!

1 Sentidiño

Mañá a fiscalía da AN vai investigar a todos os políticos que digan que en podemos hai corrupción. Seino por un rumor recollido no twitter do ex avogado de podemos...

1 Violeta 4

Bien, pero para cuándo empezamos a investigar también los presuntos negocios oscuros de los chiringuitos de la UPG?

1 Um que não é da upg

Se tu sabes quais são já sabes o que tens que fazer... apresenta provas e ao julgado a denunciar, senão não és mais que uma bocachancla