A Xunta mobiliza 385.000 euros en campañas publicitarias cun goberno en funcións

O Goberno galego xa activou antes dos comicios varias campañas publicitarias específicas sobre a Covid e reactivou outros concursos que quedaran aparcados durante a pandemia por un valor de 3,6 millóns.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/08/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A pandemia do coronavirus está cambiando moitas cousas, pero o que non cambia é a inxección de diñeiro público en grandes medios de comunicación, mesmo, cun goberno en funcións. Aconteceu antes dos comicios, cando a Xunta de Galicia mobilizou máis de 3.680.000 euros xusto un mes antes da campaña electoral, e acontece un mes despois das eleccións, con outros 385.000 euros cando aínda quedan 15 días para que Feijóo tome posesión como presidente por cuarta vez.

publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,
publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,

Así, se antes estas subvencións estaban relacionadas con medidas de prevención da Covid-19 e outras foron reactivadas tras paralizarse durante a pandemia, nesta ocasión tamén hai concursos novos e outros reactivados. E, destacan, especialmente, as licitacións que mantén abertas a Consellería de Infraestrutura e Mobilidade.

Este departamento abriu un concurso o pasado 12 de agosto para a xestión da inserción de anuncios oficiais e institucionais da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e as súas entidades adscritas nos diarios oficiais e medios de comunicación durante os anos 2020 e 2021. Un concurso por valor de 96.800 euros. 

Tamén esta consellería formalizou o pasado 10 de agosto o contrato polo servizo de seguimento das noticias relativas e de interese para á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade durante os anos 2020 e 2021 nos medios de comunicación escritos de ámbito galego e nacional. Un concurso orzamentado, inicialmente, en 36.300 euros. Chama a atención que unha empresa externa se faga cargo destas funcións cando este departamento dispón do seu propio gabinete de comunicación entre cuxas tarefas están, precisamente, coñecer e seguir as informacións que se publican sobre Mobilidade e Infraestruturas.

OUTROS CONCURSOS DESTA CONSELLERÍA

Non son os únicos concursos desta consellería nos últimos meses. Tamén activou o contrato derivado da campaña de “sensibilización cidadá e información en torno á mobilidade e o transporte público 2020“, do “Acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios das campañas de promoción dos ámbitos competenciais atribuídos á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e as súas entidades adscritas durante 2019 e 2020“. 

Cun orzamento base de licitación de 450.000,00 euros con IVE, o concurso foi activado o 8 de xuño. Dentro deste acordo marco 2019-2020, dotado de 3 millóns de euros, tamén se fechou outro concurso publicitario o 3 de marzo dotado de 600.000 euros. 

POLÍTICA SOCIAL

Por outra banda, aínda segue aberto outro concurso da Consellería de Política Social para o desenvolvemento dunha campaña de difusión institucional das políticas sociais da Xunta de Galicia destinadas ó fomento da natalidade no ano 2020 dotado con máis de 251.000 euros. Este concurso foi  activado o pasado 20 de xullo, logo de suspenderse pola pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 Sabela

Aínda segue sen haber unha Lei de Publicidade Institucional, así que levan décadas malversando fondos públicos para darllelos a empresas que son o NODO de Feijoo, como la Voz de Galicia, que leva ao ano máis de un MILLÓN de euros en subvencións de diñeiro de todos.

3 Braisiño

Saqueo constante de diñeiro público, sen que actúa a fiscalía de oficio. Intolerable compra de información.

2 Violeta 4

También podéis hablar de los millones de euros del dinero de todos que regala Pedro Sánchez a todas las televisiones y periódicos para que lo alaben. O hacer un estudio comparativo con el dineral de todos que soltaban los del siniestro bipartito a medios que no leían ni ellos, que casualmente desaparecieron tras la defenestración de tan impresentable gobierno.

1 Violetos

Violeta, ese punto despois de "alaben", seguido de "O hacer"...explica moito máis que todo o que dis. Escola, vai á escola, deixa de repetir o que che din e... á escoliña!

2 Xian do Sil

Violetos: a la escola y a la Universidad fui con seguridad más que tú, que no puedes ser más que un triste vasallo del BNG.

3 A Marte troncos

Xian do sil, violeta e uns cantos máis son o mesmo. Pasaches pola universidade pero ela por tin non. Pobre coprolito...

4 Xión

Xián, ti fuches da escola á universidade sen pasar polo instituto, jajajaa. Pasa para a escoliña anda, anda que non andas nada!

5 Ailalelo

Onde están? A quem?? Os medios escritos na Espana estàn contra Pedro e Pablo, salvo El País, na Galiza con Feixoo salvo la Opinión A Coruña e pouco máis, e leva así 11 anos e non dous! Ah diso sendo mentira falades todos, do de Feixoo so o Nos en escrita

1 Gamela

Levamos anos falando da manipulación informativa, mentras GC denuncia os millóns que Feijoo inviste en Propaganda, outros levamos o mesmo tempo denunciando a bazofia televisiva chamada "Vigo de Cerca" (que nos pasan 3 veces á semana aos que vivimos nesta cidade fallida do Sur de Galicia!) https://i.gal/gamela22 Pero ninguén recolle o reto de levar a ambos os dous aos tribunais por malversación de fondos públicos e "competencia desleal" ?

1 Gamela

Siquera podíades facerlle chegar a queixa ao "Chico dos Peares" antes da súa toma de posesión do cargo de Presidente o día 5 de setembro ? https://twitter.com/00Gamela/status... Pero nin siquera...