Marea Atlántica acusa a Inés Rey de "desleixar" Alvedro logo da perda do voo a Londres

Vueling decidiu non renovar o enlace logo de asinar un convenio por 900.000 co Concello.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2020 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

Coa chegada da nova normalidade e a restitución paseniña da economía vanse recuperando, á par, os principais medios de mobilidade, entre eles o avión. Horas despois de que Lavacolla anunciara que restituirá o seu enlace con Bilbao, na Coruña a Marea Atlántica acusaba á alcaldesa da Coruña Inés Rey de "desleixar" o aeroporto de Alvedro, que iría camiño de perder o seu voo a Londres. 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei. CONCELLO DA CORUÑA

Dende a formación que ostentou a alcaldía durante catro afean a Rey que "o Concello sexa incapaz de manter as rutas de Vueling logo de asinar un convenio de 900.000€" coa aeroliña. En concreto, chaman á rexedora a loitar para manter o enlace con Londres, que Vueling decidiría non reactivar en setembro "por decisión unilateral".

Para a formación, trátase dunha ruta "fundamental" pola súa conexión "con outros moitos destinos europeos e intercontinentais". "A ineficacia e o desleixo do goberno municipal aumenta cada día. Reclamámoslle que negocie para conservar esta ruta e se implique no futuro de Alvedro”, destacaron.

PERDA DE ENLACES

Segundo destacan dende a formación, a perda do voo a Londres súmase á "desaparición dos enlaces de Vueling a Valencia e Málaga", á "redución de frecuencias con Barcelona e Sevilla", e á "retirada do avión da aeroliña con base na Coruña, destruíndo máis de 20 postos de

traballo". “No seu momento instamos ao goberno municipal a non renovar o convenio coa aeroliña se non daba marcha atrás a estes recortes. A nosa proposta foi ignorada, e agora vense as consecuencias, un total desperdicio de recursos públicos nun momento de emerxencia, cando son máis necesarios ”, engaden dende a formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta