O Goberno do Estado financia con 350.000 € a mina de Corcoesto

'Salvemos Cabana' cualifica de "lamentable" esta axuda e critica que non se investise no desenvolvemento rural do Concello. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Cabana | 18/03/2013 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O Goberno do Estado subvencionou con partidas de 150.000 e 200.000, respectivamente, as tarefas prospectivas da futura mina de Corcoesto. E iso, nun momento de aguda crise económica que está a afectar gravemente ás familias.

Traballos de exploración en Corcoesto nunha imaxe de Edgewater
Traballos de exploración en Corcoesto nunha imaxe de Edgewater

O Boletín Oficial do Estado (BOE), do pasado xoves 14 de marzo, baixo a referencia EX/086/12, recollía unha adxudicación de 150.000 euros á Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater para a "definición complementaria de novas reservas mineiras e a realización de estudos adicionais", cando o proxecto mineiro aínda está pendente de licenza operativa.

Ademais, no BOE do xoves 22 de marzo de 2012, tamén se recolle unha subvención maior a Río Narcea Gold Mines S.L. tamén en relación ao proxecto de Corcoesto para a "investigación complementaria para a definición de novos recursos económicos", "a realización de probas metalúrxicas" e "un estudo de pre-viabilidade do depósito aurífero de Corcoesto", coa subvención tope referida ao ano 2011, de 200.000 euros.

"Rexeitamento"

Dende a Plataforma 'Salvemos Cabana', amosan o seu "máis firme rexeitamento" a esta subvención. "Resulta difícil comprender, como nun momento de estrangulamento económico e social pola presión dos mercados internacionais, no que se están a pechar centros de saúde, afogando á educación pública, e centenares de persoas viven a diario o drama dos desafiuzamentos, poden concederse semellantes privilexios a unha empresa canadense para un proxecto evidentemente inviable e que pode causar graves impactos ambientais, económicos e sociais na bisbarra de Bergantiños e a Costa da Morte, de xeito especial cando finalice a explotación do recurso aurífero", sinala esta plataforma.

Contra a mina de ouro en Corcoesto
Contra a mina de ouro en Corcoesto | Fonte: Bocixa Tingalaranga

Esta asociación lamenta que estes cartos non se teñan empregado para fomentar o sector primario da bisbarra e o desenvolvemento dun turismo sostible e de calidade. Por iso, propoñen un cambio a nivel lexislativo, tanto na Lei de Minas 22/1973, coma na 6/1977, de Fomento da Minería. "Son normas preconstitucionais que malia os sucesivos parches e aditamentos, foron concibidas orixinalmente para unha época onde as circunstancias, nacionais e internacionais, eran moi distintas ás que hoxe vivimos, e para nada reflicten a situación actual", sinala.

Neste ano houbo dúas manifestacións veciñais. A primeira, máisi numerosa, en contra do proxecto e a segunda, máis pequena e apoiada pola mineira, a prol da explotación. Velaquí a reportaxe que fixo GC da primeira mobilización:

Manifestación en contra da mina de ouro en Corcoesto no concello de Coristanco
Manifestación en contra da mina de ouro en Corcoesto no concello de Coristanco | Fonte: W. Burns
Mina de Corcoesto
Mina de Corcoesto
Localización da mina nun mapa da compañía canadense
Localización da mina nun mapa da compañía canadense
Mapa onde estará a mina
Mapa onde estará a mina
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 FLO

como e posible que lle enchan os petos os Canadienses a conta dos galegos para un proxecto inviable que o unico que nos vai traer e miseria e fame para o noso contorno este pais non cambiara ata que haxa mortes

4 Xuejo

Menudo goberno de merda.Á xente do carbón,que no Cantábrico son miles e miles de familias,ás deixan na rúa.A un grupo de investidores canadianos,que veñen a saquear e a especular cos recursos,ábrenselle as portas de par en par.Mexan por nós e temos que decir que chove.

3 FrijolNon

Manda carallo co señorito dos Peares e a súa récua. E din que parecían tontos.Corcoesto sí é unha mina,para algúns especialmente.

2 pepa

Non hai diñeiro para a sanidade e a educación, e si o teñen para as mineiras. Están a tomarnos o pelo!

1 gael

Non hai que irse á Gurtel para ver o que nos trae esta xente.O tema dos cartos sempre foi selectivo para esta xente e os seus amigos