A Mostra de Cinema Periférico comeza o 27 de setembro na Coruña con novas propostas

Por E.P. | A CORUÑA | 26/08/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Mostra Internacional de Cinema Periférico (S8) celebrarase na Coruña do 27 de setembro ao 3 de outubro con novas propostas nesta edición, segundo informa a organización.

Ademais das habituais seccións 'Sinais' e 'Sinais en Curto', a Mostra recupera nesta edición 'Xerme', "un espazo co que o festival busca pór a mirada sobre os artistas do cinema experimental galego".

Despois de acoller o traballo de creadores como Ernesto Díaz Noriega, Suso Montero, Vari Caramés, Xosé Abad ou Xulio Correa, a sección 'Xerme' "revive nesta edición dual con Antonio Segade e Antón Reixa como protagonistas da man dunha selección comisariada polo crítico, escritor e o responsable de exposicións do CCCB-Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, Jordi Costa, e creada en exclusiva para o festival".

'Falar por non calar', que se denominará a sesión, será, á súa vez, un programa en liña, que repasará a súa traxectoria, e tamén unha sesión presencial que terá lugar o 27 de setembro na Domus da Coruña.

Presentación da Mostra de Cinema periférico (S8)
Presentación da Mostra de Cinema periférico (S8) | Fonte: s8cinema.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta