Bergondo non seguirá aos demais concellos coruñeses e pechará os seus parques e praias

A Coruña, Cambre, Sada, Abegondo, Carral e Culleredo, que confirmaron que non pecharán parques nin praias, pero que si intensificarán a vixilancia.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/08/2020 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Bergondo pechará os seus parques e praias entre as doce da noite e o seis da mañá, seguindo a recomendación exposta pola Consellería de Sanidade o luns e recollida no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así o informaron fontes municipais, que precisaron que se colocarán carteis informativos nas praias para alertar aos usuarios da prohibición.

Bergondo adopta esta medida fronte ao criterio que seguirán a maioría dos concellos que se pronunciaron a este respecto. Este é o caso da Coruña, Cambre, Sada, Abegondo, Carral e Culleredo, que confirmaron que non pecharán parques nin praias, pero que si intensificarán a vixilancia.

Na maioría dos casos, alegan que o labor de vixilancia que se está facendo funciona para evitar a presenza de botellóns, mentres algún como Abegondo recalca que non teñen este problema polas característas de municipio "rural".

Casa do Concello de Bergondo
Casa do Concello de Bergondo | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta