Unha nova vítima mortal na residencia do Incio, a quinta, fai subir o número de falecidos a 639 en Galicia

A falecida era unha muller ingresada no HULA de 83 anos e que, segundo as fontes sanitiaras, padecía patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2020 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia



Unha muller de 83 anos diagnosticada con COVID-19 e que permanecía ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) faleceu este sábado, polo que a cifra total de mortes vinculadas coa pandemia elévase a 639 na Comunidade.

Fontes dos departamentos de Sanidade e Política Social confirmaron que a muller que perdeu a vida procedía da residencia do Incio onde se rexistrou un numeroso brote nos últimos días, que supera o centenar de afectados e que foi intervida pola Xunta.

En concreto, trátase da quinta vítima mortal vinculada co brote rexistrado neste centro, tras a morte na pasada xornada dun home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital de Monforte.

As fontes sanitarias concretaron que a muller falecida no HULA este sábado presentaba patoloxías previas.

INCREMENTO DOS BROTES

Co incremento dos brotes, as mortes ligadas á pandemia regresaron á Comunidade. O dunha muller de 91 anos o pasado 7 de agosto en Ourense foi o primeiro falecemento en Galicia desde o inicio da 'nova normalidade'.

A comunidade encadeara ata ese momento case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa COVID-19.

CATRO FALECEMENTOS NOTIFICADOS EN 24 HORAS

Con todo, só nas últimas 24 horas, Sanidade notificou catro falecementos, dous deles no parte actualizado na mañá deste sábado.

Nesta xornada, as autoridades sanitarias tamén informaron do incremento dos casos activos ata 3.294.

Unha sanitaria nunha xanela da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Unha sanitaria nunha xanela da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta