Reaccións á investidura nas redes: críticas contra as "bondades" de Feijóo

O adiamento da réplica da oposición, que terá lugar o xoves, levou a moitos políticos a canalizar as súas respostas nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Críticas ó discurso de Alberto Núñez Feijóo na súa cuarta investidura como presidente da Xunta de Galicia. Logo dunha intervención de case dúas horas centrada na pandemia, os ánimos de tuiteiros e políticos seguen caldeados, en particular polo adiamento da réplica da oposición, que terá que agardar ata o xoves -día da votación- para responder á versión do líder 'popular'.

Biombos do Parlamento de Galicia situadas para separar os escanos dos deputados no hemiciclo galego no XI Lexislatura. PARLAMENTO DE GALICIA
Biombos do Parlamento de Galicia situadas para separar os escanos dos deputados no hemiciclo galego no XI Lexislatura. PARLAMENTO DE GALICIA

Ante a imposibilidade de acceder ó atril dun Parlamento atípico -as mamparas plásticas separan ós parlamentarios para prever contaxios-, integrantes das formacións da oposición deixaron patente en redes sociais o seu rexeitamento ó discurso de Núñez Feijóo. Tal foi o caso de Ana Pontón, que cargou contra o líder do PP galego por ter elaborado un "discursiño sen proxecto".

Tamén a deputada polo BNG Mercedes Queixas Zas ou a tamén parlamentaria nacionalista María G. Albert son moi críticas.

Xa dende fóra do parlamento, o voceiro nacional de Anova, Antón Sánchez, aproveitaba para cargar contra as políticas da Xunta de Galicia.

Do mesmo xeito, o discurso de investidura de Feijóo -así como a cobertura ofrecida pola CRTVG- xerou as críticas dunha serie de usuarios pariculares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta