Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 22:20
Novo paso para a normalización lingüística no eido da divulgación científica. Dous investigadores veñen de publicar un proxecto que pon a lingua galega á altura doutros idiomas en materia astronómica. A iniciativa consiste nun mapa que dispón as constelacións estelares en tempo real empregando o galego tanto para os nomes dos conxuntos como para cuestións técnicas.
O proxecto, desenvolto polo físico da USC Salva Bará e o divulgador Martin Pawley, válese do mapa animado da web Heavens Above para dispoñer unha visión completa do ceo en lingua galega. O proxecto, que pode ser consultado nesta ligazón, vén de recibir os parabéns de ducias de tuiteiros.
Unha beleza @pawley, @salvabara. Os meus parabéns e o meu agradecemento. Agora o galego un bocadiño máis elevado.
— Esperanza Gama (@spezaga) September 9, 2020
Parabéns, ao @salvabara e a ti, polo traballo feito! Ao tempo, darvos as grazas! 💜🌌🔭
— a Dores Asorei♀️☂🎗#RabudaPqMePeta🌻#Feminista24/7 (@AsoreiDores) September 9, 2020
Os responsables do proxecto aproveitaron a ocasión para instar á Real Academia Galega a elaborar unha listaxe "definitiva" coas constelacións apreciables a simple vista
Dende hai uns minutos o sitio web @HeavensAboveCom ten os nomes das constelacións en galego, cousa miña e de @salvabara (á espera de que a @AcademiaGalega estableza unha listaxe definitiva de constelacións). https://t.co/pQpJAo3VXl pic.twitter.com/7TPHZOahwr
— Martin Pawley (@pawley) September 9, 2020
Un traballo impulsado desde o comezo polo @pawley . Que teñamos moitas noites de ceos escuros co Augador e co Seteiro ;) @AcademiaGalega https://t.co/xm8p3y0TXA
— Salva Bará (@salvabara) September 9, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.