A UDC fará test serolóxicos entre o seu persoal e abrirá un teléfono de atención para o alumnado

"No caso de que o positivo sexa do profesor, este será substituído por un docente da súa área, pero o complicado será cando sexa o alumnado o que estea en corentena" di o reitor da Universidade da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/09/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña fará test serológicos ao seu persoal e porá a disposición do alumnado un teléfono de atención para resolver "as súas dúbidas académicas ou de todo o que necesite da UDC", informa.

Tamén proximamente todos os centros terán documentación elaborada polo servizo de prevención de riscos con información práctica sobre que facer ante a aparición dun caso positivo na UDC e que se fai no grupo onde aparece un contaxio.

"No caso de que o positivo sexa do profesor, este será substituído por un docente da súa área, pero o complicado será cando sexa o alumnado o que estea en corentena", expuxo o reitor nunha reunión cos responsables dos centros.

Por outra banda, adiantou que a UDC mellorará as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles. "Haberá un novo Moodle, máis áxil e con maior capacidade, que ademais será de uso obrigatorio para todo o profesorado; mellorarase o sistema de Teams e actualizarase a app da UDC para que esta aplicación sirva de canle de comunicación rápida e sectorizada de cada centro co seu alumnado", avanzou.

O reitor da UDC, Xullo Abalde, mantén unha reunión con responsables dos centros da Coruña e Ferrol. UDC
O reitor da UDC, Xullo Abalde, mantén unha reunión con responsables dos centros da Coruña e Ferrol. UDC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta