Temas: ANOVA

Anova constitúe grupos para a "reconstrución" do partido tras o "fracaso sen paliativos" das autonómicas

Os soberanistas din que a presenza dos seus exsocios Unidas Podemos no Goberno "non chega para conseguir os cambios suficientes" para Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Anova celebrou este sábado unha reunión da súa coordinadora nacional na que acordou a constitución de grupos de traballo para avanzar no obxectivo de "reconstruír" o partido tras o "fracaso sen paliativos" das eleccións autonómicas, ás que concorreron baixo a coalición Galicia En Común, que non obtivo representación parlamentaria.

Beiras, Noriega e Antón Sánchez.
Beiras, Noriega e Antón Sánchez.

Ao termo do encontro, no que participou o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, a organización emitiu un comunicado no que sinala que "a ausencia de representación no Parlamento dificulta" o seu "camiño" pero "en nada cambia o escenario", que pasa pola "reconstrución" da "unidade dos sectores máis afectados" pola crise económica e "a reconstrución orgánica cos continxentes municipalistas" e os "sectores sociais orfos de alternativa política".

No texto, Anova di que as institucións "por si soas non serán capaces de dar resposta ás necesidades" dos sectores da poboación máis necesitados e manifesta que un Parlamento galego "que volve á foto de antes de 2012 con chamamentos a un suposto diálogo" e a presenza dos seus exsocios de Unidas Podemos "á esquerda do PSOE" no Goberno central "non chega para conseguir os cambios suficientes".

"Temos que conseguir a forza orgánica necesaria para participar nesas frontes e, ao mesmo tempo, realizar en paralelo o traballo de diálogo político para participar activamente na resposta social e nas alternativas a esta crise", di Anova, que sinala que o seu camiño de "reconstrución" realizarase "desde abaixo, progresivamente e cunha reflexión que acompañe a dinámica de acción política".

Temas: ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

9 birimbaina

O seu tempo xa pasou. No seu momento poderían ter construido algo que merecía a pena, pero non estiveron á altura. Agora xa é tarde. Deixen de facer dano na política e vivan a súa vida o mellor que poidan.

8 nostrus

Los nacionaleros constantemente reclaman la diversidad y el hecho diferencial gallego con respecto al resto de España, pero ellos en su inopia no reconocen que a su vez Galicia tambien es diversa y con hechos diferenciales internos, odian a lo que les parece extraño sin darse cuenta de que en ese odio va tambien parte de lo que es propio. Falso que los nacionaleros tengan un proyecto politico para Galicia, tan solo tienen un conjunto de manias identitarias a modo de catecismo.Debería hacerse para ellos un gran muro de hormigon para que vayan a él purgar sus lamentos y frustraciones.

1 Nan

En tu ofuscación ignoras que "hecho diferencial" es un término acuñado por un nacionalista, Cambó. Consejo: leer más, repetir menos. Buen domingo

2 nostrus

Nan Creo que tes moi pouca informacion sobre a miña sabeduria para atreverte a darme consellos que, ao mellor, che falta a ti. "Ao mellor"

3 Nan

Na túa resposta acabas de darme unha mostra máis de que teño razón. Repasa o teu comentario "... a darme consellos que, ao mellor, che falta a ti". Claramente a concordancia falla (e moito). Saúdos

4 nostrus

Ti non tes razón, tes "ración"(de alfalfa) ben merecida.

7 nostrus

Queda demostrado que las organizaciones naciosas encuentran difícil acomodo en la democracia y que lo suyo sería tener barra libre para practicar la ingenieria social jugando con sus manías y obsesiones y cometer todo tipo de tropelías. El único partido que respeta el conjunto de la sociedad es C´s porque sabe que gallegos somos todos y no excluye a nadie y sabe cual es la verdadera identidad de Galicia. Anova es un papurrí demócrático solo por necesidad, que está condenado al descontento. Pobres diablos.

6 isolacionista

En Galicia fai falta un partido nacionalista, o BNG é portuguesista é hai un oco que encher.

1 Sola

Portuguesista? Hasta la ignorancia y más allá! Peniña xente

5 miñoca

IR E VIR..Sempre adiante.