A CIG acusa á CRTVG de "manipular" o regreso ás aulas para ocultar a "incompetencia" da Xunta

Critican á cadea pública por ser unha "prolongación go gabinete de comunicación de Feijóo".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Novo episodio de críticas á CRTVG pola súa cobertura do regreso ás aulas. O último berro de denuncia vén de poñelo o secretario xeral de CIG-Ensino Suso Bermello na súa conta persoal de Twitter, na que carga contra a corporación de medios públicos de Galicia por "manipular" o regreso ás aulas para ocultar a "incompetencia da Xunta".

A CIG recrea unha aula de 20 alumnos ante a Consellería de Educación en Santiago. CIG
A CIG recrea unha aula de 20 alumnos ante a Consellería de Educación en Santiago. CIG

A intervención de Bermello foi acompañada un extenso fío no que repasou a traxectoria da Consellería de Educación nos últimos meses no tocante á organización do regreso ás aulas. 

O secretario xeral de CIG-Ensino puxo fin á enumeración cun chamamento a manter as mobilizacións nas próximas semanas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta