Denuncian que a Xunta non atende as peticións de profesores para ser considerados "persoal sensible" á covid

As peticións estaríanse a "acumular" en toda Galicia ante unha administración "desbordada", segundo CCOO.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Novo episodio de críticas por parte dos sindicatos á Xunta de Galicia. Como vén sendo habitual ó longo das últimas semanas, a denuncia de formacións sindicais recae sobre a Consellería de Educación, á que este martes a Federación do Ensino de CCOO de Galicia 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia con representantes do sector turístico. XUNTA - Arquivo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia con representantes do sector turístico. XUNTA - Arquivo

acusa de non atender os trámites do persoal docente "especialmente sensible" á covid.

Segundo informa Comisións, a rama de Román Rodríguez estaría a atrasar "sine die" a valoración de profesores e profesoras cuxa situación sanitaria os fais especialmente sensibles á covid, de acordo cunha definición dos Ministerios de Sanidade e Educación. Ambas carteiras, sempre segundo a versión do sindicato, caracterizan como persoal "especialmente sensible" a aqueles con enfermidades cardiovasculares, pulmonares, diabetes, inmunidepresión ou cancro; pero tamén ás persoas embarazadas ou maiores de 60 anos.

A problemática denunciada por CCOO é que, "nas catro provincias" estanse a "acumular centos de solicitudes" de traballadores para seren cualificados baixo a etiqueta nomeada. Segundo destaca o sindicato, a administración está "absolutamente desbordada", sen "ter sequera comezado" a tramitación das peticións. 

DENUNCIA XUDICIAL CONTRA A "INCOMPETENCIA"

Para CCOO-Ensino, a raíz deste problema vén da "escasa" dotación dos servizos de prevención de riscos laborais da Consellaría, "reducidos á súa mínima expresión", así como da "nula importancia" que o departamento outorga á protección da saúde do seu persoal. Por riba, o sindicato vencella esta circunstancia ó feito de que a Consellaría "volve demostrar a súa incompetencia para preparar axeitadamente o comezo do curso". CCOO anuncia que "para garantir a protección da saúde das traballadoras e traballadores do ensino público", denunciará a situación perante as autoridades laborais e xudiciais que corresponda.

CRÍTICAS DE CSIF

Por outra banda, CSIF acusa á Xunta de negar o acceso aos empregados públicos a formación específica en Prevención de Riscos Laborais e di que a Consellería de Emprego exclúe ao persoal dos servizos esenciais da formación sobre o Covid-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta