Gonzalo Caballero pide a contratación de máis profesores e acusa á Xunta de "inacción" durante o comezo de curso

"Feijóo cambiou o conselleiro, pero non tomou as decisións necesarias e aínda fala agora de colocar biombos nos institutos, pero non fala dunha maior contratación de profesores", sinala o secretario xeral do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia



O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou á Xunta de aplicar políticas de "improvisación, inacción, falta de compromiso e de fondos económicos para poder dar axudas aos concellos para a posta en marcha do curso escolar".

Ao tempo, reclamou "unha Consellería de Educación que ofreza solucións aos problemas da comunidade educativa fronte a unha forma de facer política que se mostra de forma improvisada, cando houbo que aprazar o inicio do curso escolar nos centros de Formación Profesional ou Bacharelato, nos que tiñan que estar a empezar xa as clases".

Ditas manifestacións realizounas en Cedeira, nas proximidades do CEIP Nicolás del Río, localidade na que estivo acompañado polo seu alcalde, Pablo Moreda (PSOE).

"Queremos dicirlle ao presidente da Xunta que se involucre plenamente coa comunidade educativa, que necesitamos ter unha calidade educativa para todos e que, naqueles lugares onde non se fan as cousas, teñen que ser os propios profesores e as autoridades locais os que as realicen", esgrimiu.

"Feijóo cambiou o conselleiro, pero non tomou as decisións necesarias e aínda fala agora de colocar biombos nos institutos, pero non fala dunha maior contratación de profesores", agregou.

CONTRATACIÓNS

Gonzalo Caballero destacou que, para "poder baixar o cociente de número de alumnos o que é necesario é ter un nivel de contratación de profesorado extraordinario, chegando 93 millóns de euros de fondos desde o Goberno de España á comunidade de Galicia e poderían terse contratado 2.200, tal e como fixo en Castela-A Macha, e aquí Feijóo non dá contas e existe unha gran dúbida".

Pola súa banda, o rexedor de Cedeira, Pablo Moreda, destacou que a administración local ten que asumir cos seus propios fondos algunhas "tarefas que lle corresponde á Xunta", incidindo en aspectos como "a desinfección dos centros".

O alcalde socialista abundou en que os municipios "non van deixar nunca abandonados aos escolares e asumirán esas competencias que non fai a Xunta, co reforzo do persoal", ademais de agradecer "aos profesores polo traballo que realizaron e seguen facendo".

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballeriro, visita Cedeira.
O líder do PSdeG, Gonzalo Caballeriro, visita Cedeira. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta