Feijóo critica á Fiscalía por pedir arquivar as querelas contra o Goberno na xestión da pandemia

"Temos unha Fiscalía que é moi dilixente para os asuntos que lle interesan ao Goberno", ironizou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a actuación da Fiscalía foi "moi dilixente" ao pedir o arquivo das querelas presentadas contra o Goberno de España pola xestión da pandemia de coronavirus.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o titular do Executivo galego, tras manter un encontro co Rei Felipe VI no Palacio da Zarzuela, con motivo da súa reelección como presidente da Xunta.

A preguntas dos medios sobre esa petición do Ministerio Público, Núñez Feijóo sinalou que non falara desa cuestión co monarca, pero engadiu. "A maioría de españois ten a súa propia opinión. Temos unha Fiscalía que é moi dilixente para os asuntos que lle interesan ao Goberno, e non tanto para os asuntos que non lle interesan ao Goberno", ironizou.

Por outra banda, e con respecto á situación política en España, confirmou que é unha cuestión que abordou con Felipe VI, pero limitouse a sinalar que viu ao monarca "perfectamente informado e absolutamente coñecedor da situación do país".

Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa.. ANA VARELA
Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa.. ANA VARELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Estamos ben... como sigamos por este camiño o Estado de Dereito vaise converter no "Dereito do Estado" (aquelo que os ditadores de calquer pelaxe chaman "razón de Estado") ? Cen días de confinamento, suspensión de dereitos fundamentais, un millón de multas discrecionais, mortos que non morreron de coronavirus pero que foron incinerados, crise económica de fábula, e resulta que non hai responsabilidades penais... Moito me temo que este non é o camiño de ningunha democracia que se precie de tal nome...!