R lanza un paquete para que os estudantes "con menos recursos" non queden sen internet

Destacan as dificultades sufridas por moitos para facer fronte ó ensino telemático. O plan unha conexión de 100 megas por 14 euros mensuais, "moi debaixo do mercado".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

"Internet Compromiso". Ese é o título baixo o cal compañía de telecomunicación galega R vén de lanzar un paquete de internet pensado para especialmente para estudantes de familias "en risco de exclusión". Dende a empresa destacan a iniciativa como un xeito de responder ás "necesidades de conexión" postas en evidencia nos meses pasados "sen esquecer ás persoas que teñan dificultades" para acceder ó servizo.

Ordenador portátil
Ordenador portátil | Fonte: arquivo

En concreto, o plan contempla unha conexión de 100 megas de velocidade por 14 euros ao mes, un prezo que, segundo destacan dende a empresa, se situaría "moi por debaixo do mercado". Por riba, o paquete implicaría unha instalación de balde e mesmo a gratuidade da primeira factura "para as contratacións que se realicen no mes de setembro".

"É un produto deseñado para responder ás necesidades de conexión que se demostraron necesarias para esas familias nas que os e as estudantes teñen que seguir os seus estudos de forma telemática", destacan dende a compañía, que se abre a colaborar con outras institucións para facer fronte a unha problemática denunciada por nais, pais e sindicatos nos últimos meses. O plan é accesible neste enlace web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta