Temas: INE GALICIA ERTE

O custo laboral baixa un 5,6% no segundo trimestre en Galicia

O INE atribúe a caída á covid pola suspensión de actividades e os ERTE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2020 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

O custo laboral por traballador e mes situouse en Galicia en 2.264,84 euros no segundo trimestre, o que supón un descenso do 5,6% en relación co mesmo período do ano anterior, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Mentres, o custo laboral por hora efectiva subiu un 11,9% no mesmo período de 2020 en taxa interanual, ao ascender ata os 20,62 euros. Se se atende a cada un dos compoñentes do custo laboral, o apartado de custo salarial (por traballador e mes) alcanzou no segundo trimestre os 1.668,8 euros en Galicia no segundo trimestre, un 6,1% menos que no mesmo período de 2019. Por hora efectiva tamén rexistrou un incremento, en concreto do 11,4%, ata os 15,19 euros.

Mentres, os outros custos, por traballador e mes, descenderon un 4,4% ata os 596,04 euros, e por hora efectiva aumentaron un 13,6%, ata 5,43 euros.

As horas por traballador e mes foron 151,1 pactadas, 109,8 efectivas e 41,8 non traballadas. Na xornada a tempo completo, esta distribución foi de 169,3-124,2-45,7 (pactadas-efectivas-non traballadas) e na de tempo parcial, 82,9-56,1-27 (pactadas-efectivas-non traballadas).

Por último, o INE recolle 2.766 vacantes en Galicia, o que supón un 3,7% do total, e os motivos polos que non existen vacantes son no 94% dos casos porque non se necesita ningún traballador máis, nun 4,1% polo elevado custo de contratación e nun 1,7% debido a outros motivos.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) esborrallouse un 8,3% no segundo trimestre do ano, ata os 2.442,91 euros, e rexistrou así o seu maior descenso en 20 anos.

Custo laboral por comunidades. EPDATA
Custo laboral por comunidades. EPDATA | Fonte: Europa Press

Temas: INE GALICIA ERTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta