Novas caras nas direccións comarcais do Bloque

A nivel galego, Vence comeza coa CIG a rolda de contactos para formular unha nova alternativa soberanista.

Por Galicia Confidencial | | 06/04/2013 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

Os militantes do BNG están a reunirse estes días para elixir os novos órganos de dirección comarcais tras a XIV Asemblea Nacional que escolleu a Xavier Vence novo voceiro nacional e reafirmou a aposta polo frontismo e o soberanismo. 

Consello do BNG na Comarca de Santiago
Consello do BNG na Comarca de Santiago

Compostela

En Santiago o BNG informa que os militantes apoiaron a candidatura única presentada na Asemblea a proposta do Consello Comarcal saínte que vén presentar unha renovación do 50% dos seus membros así coma do Responsábel Comarcal, que será Alexandre Pérez Queiro substituíndo a Ignacio Louzao. Pérez Queiro, militante no concello de Ames, é funcionario na Xunta de Galicia e colabora activamente con diversas entidades sociais e culturais entre a que destaca o seu traballo na Asociación Cultural Lúa Chea que organiza o Festival Música na Noite en Teo. Acompañarán a Alexandre Pérez Queiro na Executiva Comarcal, que estará formada por nove persoas, Almudena Taboada, de Teo, como vicerresponsábel comarcal; Héctor López de Castro; Lucía Vázquez; Neal Baxter e Míriam Fernández de Santiago; Diego Boquete de Oroso; Paula Castro de Ames e Armando Fernández tamén de Santiago.

O resto de persoas que formarán parte do Consello Comarcal, que se renova como diciamos nun 50%, son: Concha Lópes de Teo; Ramiro Recouso de Ordes; Elvira Cienfuegos de Santiago: Oscar Valadares de Ames; Laura Arjonilla de Santiago; Xoán Cabo de Rois; Ana García de Val do Dubra; Xesús Pena de Brión; Paula Castenda de Ordes; Xoán Xosé Fidalgo de Ames; Marta Labandeira García de Frades; Manuel Anxo Fdez. Baz de Teo; Ana Pintos de Teo; Manuel Dacal de Santiago; Inma García Escourido de Santiago; Gonzalo Veiras de Ordes; e Ana Belén Pontón Mondelo de Santiago.

Vigo

En Vigo a militancia aproba o novo Consello e Executiva Comarcal co 83% dos votos, segundo a fornte. Na convocatoria resultou elixido Manuel Caride como responsable comarcal. Segundo destacou o novo responsable comarcal na súa intervención, “ninguén pode pór en dúbida que a defensa do emprego e das políticas sociais teñen que ser, lóxicamente, a principal preocupación dunha comarca en crise como é a de Vigo”.

Asemblea do BNG en Lugo
Asemblea do BNG en Lugo

Porén, Manuel Caride afirmou que para o BNG “a resposta a esta situación de crise económica, social e política que estamos a padecer pasa, obrigatoriamente, por unha aposta decidida pola soberanía nacional de Galiza”. Ao seu xuizo, a soberanía debe entenderse “como a capacidade de decidir cómo solucionar os nosos problemas e defender os nosos intereses”, polo que asegurou que estas dúas liñas serán as que marquen esta etapa do Bloque comarcal vigués.

Lugo 

O BNG de Lugo  seguirá dirixido polo actual reponsabel, Alenxadre Penas. Só houbo unha lista e o consello local estará integrado por un total de 15 persoas e 5 suplentes, o que significa un 50% de renovación. Segundo  Penas, “apostamos por continuar coa liña política iniciada polo consello local que agora se renova” e “é fundamental o contacto coa xente e estar ao carón dos problemas reais da cidadanía”.

Tras a elección do novo portavoz nacional, Xavier Vence, e coa renovación do consello local Alexandre Penas manifestou que “este segue a ser un proxecto ilusiónante e temos que conseguir recuperar o papel político que o BNG sempre tivo entre a sociedade galega, reconectar coa cidadanía, ser a opción da maioría d@s galeg@s e unha alternativa ás políticas neoliberais que encarna o partido popular no Estado español e Galiza”. 

Vence reunirase con outros sindicatos e organizacións políticas nacionalistas e de esquerda

Precisamente esta semana Vence comezou o diálogo anunciado con diferentes sectores sociais para construír unha alternativa soberanista. A primeira reunión foi con Suso Seixo, o secretario xeral da CIG, o sindicato vencellado ao propio Bloque.

Vence defendeu a importancia do papel dos sindicatos e a relevancia, nestes momentos, de contar cunha forza sindical “nacionalista e de clase” como a CIG para manter as conquistas sociais das las últimas décadas, que as políticas do PP están a poñer en perigo. Ademais, indicou que que o BNG tamén manterá encontros con outros sindicatos e organizacións políticas nacionalistas e de esquerdas para seguir contrastando posturas e opinións sobre a situación actual.

Executiva do BNG en Vigo
Executiva do BNG en Vigo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 antoncarballal

Sempre as voltas. ca UPG .Aburrides.

1 eusi

E a Upg e os seus trolls cheiran que feden botando bile por todos os xornais

5 Lois

Pero ide ás asembleas de Anova, IU ou PSOE a tocar os c.llóns! O Bloque non aspirará a grandes resultados electorais, portadas na Voz, defensa de España, etc. Iso xa hai quen o faga. Se os votos miden a validez das propostas o PP é o mellor... A ver con quen vai Anova ás Europeas... Galiza vs España

1 Bautista do Unto

Novas caras, pero a mesma política e control absoluto da UPG. Máis do mesmo pero con novas caras

2 mk__

Imos ver, duvido moito que calquera organizaçom politica galega vaia ás eleiçons europeas sem ir coaligado com outras organizaçons do Reino de Espanha.

4 antonio carballal@hot mail.con

Si senhor con xente coma vòs facemos Pais seguide enmerdando

1 eusi

Aplícate o conto, e a todos os trolls da Upg que andan a enlamar todo en todos os xornais...

3 Xurxo Fabeiro

A UPG mangoneando todo,coma sempre.

2 Caravella

Novas caras? Si, sobre todo no Morrazo. Alí, como sempre, Iria Aboi. O que hai é moita cara. E aínda faltan as "novas caras" do Consello comarcal de Pontevedra. Sabe Xavier Vence con quen se mete?