Ferrol aprobará unha declaración institucional de apoio aos traballadores da multinacional Siemens Gamesa

Delegados da planta situada nas Somozas (A Coruña) reuníronse este luns con portavoces políticos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ferrol prevé aprobar unha declaración institucional de apoio aos traballadores que a multinacional Siemens Gamesa ten no polígono industrial das Somozas e cuxo comité de empresa alerta dunha posible deslocalización.

Precisamente delegados dos traballadores de UGT e CCOO reuniuse na mañá deste luns, no Concello de Ferrol, cos portavoces dos grupos políticos representados na súa corporación.

No encontro trasladáronlles o seu apoio, tras alertar a parte social que a planta dedicada á fabricación de pas para aeroxeradores só ten confirmada carga de traballo ata finais de ano e que non se acometen actuacións para poder modernizar este complexo indutrial e poder así optar á fabricación de novos modelo de pas, de maior tamaño, tal e como está demandado o mercado.

Ao término do encontro, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, manifestou que convidaron "aos representantes sindicais a acudir ao próximo pleno ordinario onde todos os grupos" expresarán o seu "apoio en forma de declaración institucional", ademais de reclamar "ás distintas administracións, tanto á Xunta como Goberno central, que apoien e aposten pola pervivencia de Siemens Gamesa en Ferrolterra".

A planta que a multinacional Siemens Gamesa ten nas Somozas (A Coruña) .
A planta que a multinacional Siemens Gamesa ten nas Somozas (A Coruña) .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta