Ecoloxistas galegos avisan: "o virus non é a causa da crise, senón a súa consecuencia"

O Movemento Galego polo Clima retoma a actividade con dúas semanas cargadas de limpezas, actos e conferencias.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 08:25

Comparte esta noticia

Regreso á actividade das asociacións ecoloxistas galegas. O Movemento Galego polo Clima - que integra a máis de 85 colectivos distintos- vén de anunciar a apertura dunhas xornadas para este xoves que irán acompañadas de dúas semanas de incesante actividade por parte de múltiples asociacións.

organizacións ecoloxistas participaron nunha protesta no Obradoiro contra a eucaliptización de Galicia
organizacións ecoloxistas participaron nunha protesta no Obradoiro contra a eucaliptización de Galicia | Fonte: Galicia Confidencial.

Así, o regreso á actividade quedará patente no regreso dos actos reivindicativos, tales como a limpeza simultánea de ríos de toda Galicia -que terá lugar o domingo 27 organizada por ADEGA- ou o "voluntariado ambiental" en Melón da man de Amigos da Terra. Á par, estas semanas irán tamén cargadas de conferencias e actos de divulgación, entre os que destaca a a charla do xoves 24 sobre a relación entre a crise climática e a "fame e desigualdade".

CRISE CLIMÁTICA E PANDEMIA

Xustamente sobre este vencello se pronunciou o Movemento Galego polo Clima, que vén de emitir un comunicado analizando o impacto da pandemia na loita climática. Segundo destacan no texto, a covid conseguiu evidenciar as "debilidades e contradicións dunha economía depredadora que se atopa ao límite do colapso", destacan a respecto dun "sistema neoliberal que  precariza os servizos públicos e crea grandes desigualdades", entre outros.

Ante esta circunstancia, a formación ecoloxista sentencia: "o virus non é causa, senón consecuencia dunha crise sistémica profunda, e supón un cambio de paradigma que apenas empezamos a comprender". "Necesitamos abandonar un sistema que descarta ás persoas e destrúe o planeta, e camiñar cara á xustiza social e climática para  poñer no centro os colectivos máis vulnerables e garantir o dereito a unha vida digna"

Neste aspecto, destacan que a emerxencia climática "xa era unha expresión desta crise  sistémica". "O desastre advertíase desde hai décadas nos numerosos informes científicos, no constante fluxo de persoas obrigadas a abandonar os seus lugares de orixe ou nas voces de quen resiste ante empresas e políticas extractivistas que son impulsadas e consolidadas a través de acordos internacionais de comercio e investimento" Agora, subliñan, "a pandemia colócanos nun punto de inflexión crítico no que, máis que nunca, xogámonos o futuro".

Fronte a esta circunstancia, instan a "impulsar un cambio que avance cara a un proxecto  ecosocial, xusto e democrático". Alertan que, no caso contrario, a "inacción" da socieade pode levar ao "esgotamento definitivo dos recursos que sosteñen a vida", circunstancia que, din, implicaría "un agravamento importante da exclusión social", así como a "vulneración dos dereitos humanos". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Geronimus

Vividores do axeno, antivacinas e fuxidos do sanatorio, que queren que os demais levemos taparrabos mentres que eles gozan do Iphone

1 Riuriu

De la misma categoría intelectual que los terraplanistas. Al parecer estos señores urbanitas no se enteran de que siempre hubo epidemias, algunas muchísimo peores que ésta, y que siempre las habrá. Pero claro, todo vale, para vender su apocalíptico mensaje y de paso seguir chuchando subvenciones.

1 Ruirui

Terraplanista cousa viejuna (tan viejuna como acentuar "ésta"), canto ignorante repetindo o que escoita moi ao lonxe, canta escoliña fai falta, canta!