O desastre ecolóxico no Xurés: podería perder máis de 55.000 toneladas de terra vexetal tras os incendios

As treboadas dos últimos días xa provocaron "un verdadeiro aluvión de restos de terra, madeira queimada e cinzas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2020 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A Asociación Ecoloxista Arco Iris alertou de que o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés podería perder máis de 55.000 toneladas de terra vexetal por mor da erosión pola vaga de incendios rexistrada a mediados de setembro.

Nun comunicado, remarca que o Xurés xa sufriu "a primeira onda de treboadas", que "se comportou como un auténtico tsunami, arrastrando ao fondo dos ríos e pozas fluviais" deste territorio "un verdadeiro aluvión de restos de terra, madeira queimada e cinzas que colmatarán as canles e aniquilarán a vida en moitos quilómetros á redonda".

"Nin Medio Ambiente nin Medio Rural foron capaces de implementar as mínimas medidas de fixación de chan para evitar este auténtico desastre, cuxos efectos máis devastadores veranse con claridade nos próximos anos", afeou.

"VETO CINEXÉTICO"

Pola súa banda, a Asociación Animalista Libera mostrou o seu apoio ao anuncio da Consellería de Medio Ambiente sobre o futuro plan de recuperación deste espazo, á vez que pediu incluír o "veto cinexético" como política básica. Para rexenerar a biodiversidade do Xurés, Libera expón tamén o turismo de observación, ademais de reforzar o sentido de protección da fauna silvestre.

Incendio no Xurés (Ourense)
Incendio no Xurés (Ourense) | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta