Todos os partidos da esquerda nacionalista apoian a Maduro

BNG, anova, MpB, Nós-UP, PCPG, Primeira Linha asinan un manifesto a prol da vitoria de Nicolás Maduro nas eleccións de Venezuela.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/04/2013 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Anova, BNG, MpB, NÓS-UP, PCPG e Primeira Linha, as organizacións sindicais CIG e COG e as organizaçons xuvenís Briga e Isca!, alén da organizaçom estudantil Agir e o Capítulo Galiza do Movemento Continental Bolivariano (MCB) acaban de subscribir o manifesto "Galiza coa Venezuela bolivariana. A vitoria de Nicolás Maduro garante a súa continuidade" no que apoian abertamente a lexitimidade da vitoria do novo presidente de Venezuela.

Rolda de prensa da presentación do manifesto a favor de Nicolás Maduro
Rolda de prensa da presentación do manifesto a favor de Nicolás Maduro

A iniciativa promovida pola Associaçom Galega de Amizade coa Revoluçom Bolivariana (AGARB) conta co apoio de 12 organizaçons políticas, sindicais e sociais. O coordinador xeral da AGARB, Xavier Moreda destacou as grandes transformaciónns sociais, económicas, políticas e culturais de Venezuela promovidas pola Revolución Bolivariana. "Adiantos que nom só lográrom reducir a pobreza e as desigualdades sociais, atingírom enormes conquistas nos ámbitos da educaçom, saúde, vivenda, deporte e servizos sociais", apuntou.

"Recuperazom da soberanía nacional"

Moreda incidiu que isto só foi posible pola política de "clara orientación patriótica e socialista" que conseguiu en pouco máis dunha década a "recuperaçom da soberanía nacional da Venezuela fronte a etapa da IV República cando o país semelhava ser umha simple neocolónia norteamericana".

Os asinantes do manifesto coniseran "imprescindíbel" a continuidade do proceso revolucionario bolivariano e socialista en Venezuela, pois é a única forma de "garantir as conquistas atinxidas" e seguir construíndo de forma tanxíble "umha alternativa ao caos neoliberal promovido polo capitalismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

10 Galicia Confidencial

Tedes que desculpar algunhas grellas existentes na nova debidas ás presas e a falta de recursos que temos e que nos fan, ás veces, tirar de tradutores. Sentimolo. Un saúdo

9 Xanc

Domingos Sampedro e La Voz están pagando a presencia de Beiras na presentación do libro: Feijóo, de gestor a presidente. Vese que Beiras representa unha esquerda doada de manexar coma IU en Extremadura.

8 un galego

non dou crédito ao ler hoxe La Voz de Galicia e ver un artigo de Domingos Sampedro, xornalista sempre distinguido polos seus ataques ao nacionalismo galego e que hoxe fala dos 1100 de Beiras e toda unha glosa para Anova, pasaron as eleccións pero siguen a facer propaganda desta forza que xa non sei como definir despóis de ler a Sampedro

1 O Couto

Ti segue cos teus chanchullos de Ourense e deixa que AGE siga sendo o referente dos galegos e galegas ( deses que non agardan contratos dos seus amiguiños)

7 Galeguista

Menos mal que CxG ou CXXI son coerentes e non dan suporte a impresentables antidemócratas. Se chegan a ser un lider de dereitas poñeríanno a caldo. Canta incoerencia.

6 xan dos croios

De altura intelectual, por aí andan...