Acusan a Exipto de ser "cómplice do goberno sionista" de Israel tras deter a máis de 200 activistas que se dirixían a Gaza

"Non hai cabida para a equidistancia. A barbarie xa está aquí", denuncia o Encontro Galego contra a OTAN.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/06/2025 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Varias entidades galegas que forman parte do Encontro Galego contra a Otan denuncian a Exipto por ser "cómplice do goberno sionista" de Israel tras deter a máis de 200 activistas que se dirixían a Gaza.

Piden a liberación de activistas que ían entregar axuda humanitaria a Gaza e foron retidos en Exipto por orde de Israel
Piden a liberación de activistas que ían entregar axuda humanitaria a Gaza e foron retidos en Exipto por orde de Israel | Fonte: laizquierdadiario X

Era este xoves 12 de xuño cando  ía comezar o primeiro traxecto da Marcha a Gaza, que trasladaría a brigada desde O Cairo até Al Arish en comboio. O seu destino: a fronteira

entre Gaza e Exipto coa intención de axudar a que os camións cargados de alimentos poidan superar o cerco da entidade sionista de Israel. Esta Marcha a Gaza, cun claro compoñente internacionalista, está conformada por 2.800 persoas antiimperialistas procedentes de 37 países. Entre elas, figuran 180 activistas do Estado español.

"Porén, o Goberno de Abdelfatah Al-Sisi estase rendindo aos intereses euro-ianqui-sionistas impedindo que a solidariedade poida chegar ao pobo palestino", denuncia a entidade. Máis de 200 activistas están detidos, 26 deles con nacionalidade española. Estas persoas están recluidas no hotel e non teñen acceso nin ao seu teléfono móbil nin ao seu pasaporte, requisados polas autoridades exipcias. As detencións producíronse de madrugada coa intención de impedir o inicio da Marcha.

Desde o Encontro Galego contra a OTAN esixen a liberación inmediata dos militantes arrestados,  o amparo aos activistas con pasaporte español por parte da embaixada do Estado en Exipto para que non suceda como no caso do xornalista Pablo González,

secuestrado en Polonia, a seguridade dos activistas para que a Marcha a Gaza se poida realizar sen represalias económicas ou xurídicas e a garantía de que o pobo palestino recibirá a solidariedade enviada (alimentos, productos sanitarios, etc.).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta