Dous mortos en accidentes de tráfico rexistrados en Santiago e Muxía que deixan outro ferido

As condicións climatolóxicas puideron ter influído.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Dúas persoas faleceron en senllos accidentes de tráfico rexistrados nas últimas horas nos municipios coruñeses de Santiago e Muxía, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O primeiro deles tivo lugar ao fío das 22,00 horas de venres na localidade da Costa da Morte. Alí, un condutor perdeu a vida ao saírse da estrada co seu vehículo cando circulaba pola estrada que une Muxía e Cee á altura do lugar de Oruxo.

Os efectivos de Urxencias Sanitarias e os bombeiros de Cee desprazados ao lugar tras recibir o aviso non puideron facer nada pola vida do falecido, un home duns 60 anos de idade veciño da zona na que se produciu o accidente.

Horas despois, ao fío das 01,30 horas da madrugada, outro accidente nas estradas cobrouse a vida doutra persoa, un home que conducía un coche que impactou frontalmente con outro vehículo, cuxo ocupante resultou ferido de gravidade.

Ocorreu na Susana, no punto quilométrico 366 da estrada N-525, onde dous turismos chocaron frontalmente e quedaron visiblemente danados, segundo relata o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso doutros condutores que pasaban pola zona.

A consecuencia do impacto, un dos ocupantes faleceu no lugar, mentres que o outro condutor foi evacuado de urxencia con feridas moi graves ao Hospital Clínico de Santiago tras ser liberado do interior do seu vehículo por unha dotación dos bombeiros de Santiago.

Coche sinistrado tras un accidente
Coche sinistrado tras un accidente | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta