O Goberno destina 13,6 millóns de euros para apoiar a chegada de banda ancha a 56.000 ao rural

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O Goberno central destinará a Galicia 13,6 millóns de euros para apoiar a chegada da banda ancha de última xeración a 56.159 fogares e empresas de zonas rurais de Galicia que ata agora non tiñan acceso a esta tecnoloxía.

Diso informou este domingo o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a través dun comunicado no que destaca que o confinamento vivido en España pola pandemia de covid "puxo de manifesto a necesidade de contar con boas conexións dixitais".

Esta actuación encádrase no programa de axudas do programa Peba que puxo en marcha o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dirixido a operadores privados de telecomunicacións para que estendan a cobertura de banda ancha de nova xeración a zonas do rural que nestes momentos carecen deste servizo.

No caso de Galicia, os proxectos empregarán como tecnoloxía a fibra ata o fogar ou FTTH e suporán investimentos totais por valor de 17.286.066 euros sobre o territorio, segundo detalla a Delegación do Goberno.

Internet
Internet | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta