Récord de mortes en Galicia: Oito nas últimas horas

O cómputo de vítimas da pandemia en Galicia elévase a un total de 765. Os oito falecidos tiñan patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

Galicia rexistra oito novas mortes con coronavirus na xornada con máis falecidos notificados pola Consellería de Sanidade no últimos cinco meses, desde o pasado 5 de maio --cando houbo nove vítimas mortais--.

De tal forma, o cómputo de vítimas da pandemia en Galicia elévase a un total de 765. Os oito falecidos tiñan patoloxías previas.

En concreto, hai catro homes falecidos: de 88 anos, no hospital de Verín; de 85 anos, en hospital de Pontevedra (CHOP); de 88 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; de 84 anos, no hospital do Barco de Valdeorras.

Pola súa banda, as catro mulleres falecidas son: unha de 73 anos no Chuac da Coruña; unha muller de 91 anos, no Chuvi de Vigo; unha de 97 anos no hospital de Ourense (procedente de residencia As Salinas); e unha muller de 77 anos, falecida no Lucus Augusti de Lugo (procedente da residencia Domusvi de Outeiro de Rei).

O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 144. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo), onde hai 28 infectados por Covid19 nun edificio, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo), onde hai 28 infectados por Covid19 nun edificio, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ganzua

Aqueles antivacinas, terraplanistas, negacionistas do covid xa estarán poñendo cueiros sen EPIS porque o virus non existe. París en alerta máxima con moito mellores indicadores que Madrid, pero Aguirre dicindo que o goberno lles tén manía. Aínda van pedir a independencia de Ejpaña..., se non fose que chupan de todos.